Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Start: 08/03/2017 21:36
8 de marzo, Día da Muller Traballadora, unha data que nos une, que nos lembra o moito que fica por facer, a invisibilidade, a desigualdade, o maltrato, os machismos... Dende o equipo directivo e o profesorado queremos enviar ao alumnado mensaxes que constrúan a crear un mundo máis xusto, de aí que esta mañá nos teñamos sumado á convocatoria do Global Womens Strike, o Paro Internacional de Mulleres. Das 12:00h ás 12:30h, alumnas e profesoras, mesmo algún profesor e algún alumno, concentrámonos demandando os nosos dereitos.
Esta acción colectiva, viña a sumarse a outras actividades que hoxe desenvolvemos no centro arredor do tema da Muller: a inauguración por parte do equipo de biblioteca da exposición sobre Maruxa Mallo, pintora á que se adica este ano o Día das Artes e a visita do alumnado de 4º de ESO da mostra organizada polo Concello de Porto do Son sobre mulleres científicas dos “Premios María Josefa Wonenburger Planells”.
Podedes ver a entrada completa sobre a exposición no blog da biblioteca O luns, no Club de Lectura, falamos con Susana Sánchez Aríns das súas obras Seique e Aquiltadas e contámolo no blog da biblioteca, onde tamén poderedes ler da actividade do martes, na que o alumnado de Bacharelato e Artes Escénicas asistiu no Coliseo Noela en Noia á representación da obra de Shakespeare Soño dunha noite de verán, interpretada pola compañía Voadora en clave de muller, transgresora e actual.
|