Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Novembro 23, 2016 »
Mér

SORTEO PÚBLICO DOS MEMBROS TITULARES E SUPLENTES PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL QUE ORGANIZARA E SUPERVISARÁ O PROCESO DE ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR.

Regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria.

(apartado 1 do artigo 5º, da RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, (DOGA 4 de outubro)

 4 DE NOVEMBRO DE 2016 NO 2º RECREO LUGAR: SALÓN DE ACTOS

Calendario do proceso>>> aquí

OU NO ARQUIVO ADXUNTO.

Que a nosa sociedade está en contra da LOMCE, e moi especificamente das reválidas, é xa agora unha certeza tan grande que non hai partido político, nin o que a impulsou, que non estea en disposición de iniciar un proceso de cambio da norma que máis rexeitamento cidadán leva colleitado en toda a nosa vida democrática.

Máis esa disposición ao cambio, que encubre en moitos suxeitos unha simple intención de maquillaxe, non é para nós unha moi boa noticia, nin é o resultado desexado do esforzo serio e rigoroso que levamos facendo dende o primeiro día que esa Lei nefasta foi simple bocexo de intencións. Para a Confederación ANPAS GALEGAS a actual realidade educativa non ten máis ca unha solución: derrogar esa norma, con absolutamente todos os seus efectos e consecuencias, retomar a situación previa e poñerse a traballar cara unha nova normativa  educativa que realmente puxe polos dereitos de todo o alumnado, de toda a mocidade, e que entenda  a educación como o lugar onde todos teñen acubillo, e no que se prepara ás persoas para vivir, non para traballar e dar rendemento económico.

É certo que, dentro da necesidade xeneralizada de facer desaparecer a triste realidade que a LOMCE trouxo, hai circunstancias que teñen un grao de urxencia que cobra unha moi espacial relevancia: nin a mocidade nin as súas familias podemos esquecer que o estudantado actual de 4º da ESO vaise enfrontar por primeira vez ao final deste curso académico a unha proba innecesaria, tal e como ocorreu coas avaliacións de 3º e 6º de primaria, o que sen dúbida terá a mesma resposta que aquelas tiveron os cursos anteriores.

E sobre todo non podemos esquecer que o alumnado que está a cursar 2º de Bacharelato, por exclusiva responsabilidade dos Gobernos español e galego, está a estas alturas de curso sen coñecer cal vai ser a proba que lle vai permitir acceder aos estudos universitarios, nin cales van ser os seus contidos, nin o seu procedemento avaliatorio; por primeira vez en décadas, e dun xeito innecesariamente precario, temos un curso que remata o bacharelato e descoñece como ten que preparar o seu futuro académico; e todo isto logo de que toda a sociedade, e moi nomeadamente esta Confederación, avisara durante anos da inconsistencia dunha norma que se implantou só para defender intereses económicos particulares.

Por iso, porque non queremos que a nosa sociedade viva cunha Lei como a LOMCE, porque non queremos que os nosos fillos e fillas fagan reválidas, con ou sen efectos académicos, e porque entendemos que o alumnado de bacharelato ten dereito a que o seu paso á universidade responda a un patrón programado e coñecido, esta Confederación está de acordo con todas as mobilizacións que se convoquen coa intención de acabar coas reválidas, e de derrogar á LOMCE, e estaremos alí onde ocorran para evidenciar ese acordo coa nosa presenza, ao carón dos nosos fillos e fillas.

En coherencia coa esa intención de apoio, convocamos a todas as familias galegas do Ensino Público á apoiar as mobilizacións que se realicen o próximo día 24 de novembroen todas e cada unha das súas convocatorias, e para facer visible ese apoio convocamos ás familias de todas as etapas educativas (primaria e secundaria) a secundar a folga non enviando aos seus fillos e fillas a clase ese día, e participando nas manifestacións e concentracións que se celebren.

Non vai ser a primeira vez que masivamente digamos que non queremos esa Lei, que non é nosa, e que non a admitimos como tal, que queremos unha educación para todas e todos, onde todos teñamos reservado o noso posto para nos desenvolver como persoas, achegando a nosa común diversidade na construción dunha sociedade para todas e todos; ocorrerá outra vez, e será así cantas veces sexan necesarias.

O alumnado de 1º e 2º de ESO que non vaia asistir as clases deberá xustificar a súa ausencia mediante este XUSTIFICANTE.

Start: 23/11/2016 09:50

 

 

O día 28, luns, de 6 a 8,30. V

Votacións para escoller representantes das nais/pais.

Consello Escolar

 Presentaron as súas candidaturas:

- García Paz, Margarita

- Pérez Torres, María del Pilar

- Queiruga Ayaso, María

Moitas grazas.

Desde o equipo directivo animamos a que votedes.


O IES é da comunidade escolar: de toda a comunidade escolar.

Start: 23/11/2016 23:59

Estimadas familias:

Hai unha convocatoria de folga estudiantil para o día 24/11/16 xoves, en protesta polas reválidas e a LOMCE.

Convoca a nivel estatal o Sindicato de Estudantes

En Galicia convocan : Erguer, ANEGA e Acción Universitaria, etc.

A nivel estatal non convoca a CEAPA, (CONFAPA en Galicia). Nese sentido, polo que a eles respecta, a folga afectaría ao alumnado de 3ºESO en adiante.

Non obstante, a nivel galego convoca a Confederación de ANPAS Galegas, para todo o alumnado. 

Por todo isto, procedan como mellor consideren, atendendo a que deben notificar previamente (mércores) a ausencia dos seus titorados no caso de que non asistan ao centro.

Sinalar, por último, que o alumnado que asista a clases ha ser atendido con normalidade polo profesorado.

A dirección.

Engadimos os links ás diversas convocatorias citadas:

Distribuir contido


by Dr. Radut