Skip to Content

DÍA NON LECTIVO

30/10/2024 13:42

Informamos que o Luns día 4 de

Novembro NON HAI CLASE por ser este

un dos días non lectivos escollidos

polo centro.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

16/10/2024 00:33

O VENRES 18 DE OUTUBRO DE 2024 AS 10:00 DA MAÑÁ, NO DESPACHO DE DIRECCIÓN TERÁ LUGAR O SORTEO PARA DESIGNAR OS CATRO MENBROS ENCARGADOS DE CONSTITUIR A MESA ELECTORAL PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES.

A NORMATIVA QUE RIXE O PROCESO PODE CONSULTARSE NO ARQUIVO ADXUNTO.

XORNADA DE ACOLLIDA ÁS FAMILIAS

26/09/2024 12:14

O próximo Luns día 30 de Setembro imos facer a xornada de acollida ás familias:

  • 1º de ESO: ás 18:30h as familias serán recibidas polo equipo directivo no salón de actos onde se lle darán unhas pautas básicas de funcionamento do centro e logo irán a aula correspondente co titor/a de cada curso.
  • 2º, 3º, 4º da ESO E 1º de Bacharelato: as 19:00h serán chamados na entrada do Instituto e xa se dirixirán as aulas de referencia cos seus titores correspondentes.
  • 2º de Bacharelato: ás 19:30h no salón de actos explicaráselle os cambios (que coñecemos polo de agora) relativos ás novas probas de acceso á universidade, unha vez rematado irán con co titor/a correspondente a súa aula.

INICIO DO CURSO 24/25

06/09/2024 14:57

INICIO DE CURSO

Informamos de que este curso 24/25 dará comezo o Mércores día 11 de Setembro para todos os cursos e con horario normal de transporte. Os horarios de entrada son os seguintes:

  • ESO e Bacharelato: Entrada as 08:20H e Saída as 14:00h
  • Ciclo Medio: Entrada as 10:00h e Saída as 14:00h

O alumnado será chamado e acompañado polo seu titor á aula correspondente. Unha vez realizadas as presentacións desenvolveranse as clases con total normalidade.

OS HORARIOS DE SAÍDA DAS PARADAS DE BUS SON AS SEGUINTES (horario de mañán e luns pola tarde):

  • Ruta 1. Agrelo /Rotonda: 07:58h/15:58h
  • Ruta 2. Camiño Novo: 08:00h/16:00h
  • Ruta 3. Queiro/Agrelo: 07:58h/15:58h
  • Ruta 4. Freixedo/aguieira: 07:50h/15:50h
  • Ruta 5. Fieiro/Portosin: 07:42h/15:42h
  • Ruta 6. Castelo/Campo Queiruga: 07:40/15:40h
  • Ruta 7. As Traves/Sendia (Ceip Campanario): 07:20/15:20
  • Ruta 8. Goltar/Penas: 07:54h/15:54h
  • Ruta 9. Arnela/Ceip Campanario: 07:50h/15:50h
  • Ruta 10. Constantino Queiruga/Campo Queiruga/Ceip Santa Irene: 07:56h/15:56h
  • Ruta 11. Nadelas/Cruce Nadelas: 07:55h/15:55h
  • Ruta 12. Cruce Cabanela (Cabanela): 08:00h/15:58h
  • Ruta 13. Seráns 2/Caamaño: 07:30h/15:30h

CONVOCATORIA DE AXUDAS ESCOLARES DO CONCELLO DO SON PARA O ANO ESCOLAR 24/25

05/09/2024 12:37

Está aberto o prazo de axudas escolares do Concello do Son para o curso 24/25, dito prazo remata o 19 de Setembro

 

 

 

 

 

 

 

RECOLLIDA DE CHEQUE PARA MATERIAL

05/09/2024 12:32

Todo o alumnado con dereito a cheque de material pode pasar a recollelo na conserxería do IES en horario de 09:00 A 14:00H.

DATAS MATRÍCULA 2024-2025

11/06/2024 10:22

Máis información AQUÍ

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024-2025

11/06/2024 09:41

Pódese descargar a lista de libros de texto do curso 2024-2025 pulsando AQUÍ ou na imaxe.

DESPEDIDA DO CURSO 2023-2024

21/06/2024 18:57

Despois dunhas tarefas de limpeza, o venres 21, despedimos o curso 2023-2024 cunha Feira Tecnóloxica e Matemática no patio do IES.

A partir das 11:30, tivo lugar a xa mítica carreira de coches hidropropulsados na pista de abaixo, e para rematar, o alumnado asistiu as semi-finais e finais de fútbol coas entregas de medallas no pabellón.

Finalmente, non podíamos despedirnos este curso sen homenaxear a 2 das nosas estrelas do deporte: Lúa Arufe e Noa Romero.

Que disfrutedes todos dunhas vacacións ben merecidas e un bo verán.

Máis fotos AQUÍ

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

19/06/2024 19:56

Os gañadores do Concurso de fotografía, "As Matemáticas na natureza" foron os seguintes en cada categoría:

- 1º ESO - 2º ESO - 3º ESO. 
- 1º premio: Uxía Botana (3º C) coa fotografía  "A=pi+r^2"
-  2º premio: Ana Armental (3º A) coa fotografía "Distribución estocástica das flores no plano"
 
- 4º ESO - 1º BACH - 2º BACH. 
 - 1º premio: Sara García (2º Bach A) coa fotografía "O efecto das πngotas"
  
- 2º premio: Empate entre Carme Santamaría (2º Bach A) coa fotografía "Parábolas paralelas" e  Kristopher Santander (4º ESO C) coa fotografía "O arte matemático existente na natureza"
 
Os premios entregaranse o venres 21.
Distribuir contido


by Dr. Radut