Skip to Content

ENTROIDO 2024

11/02/2024 21:40

Entre temporais e choiva celebrouse o Entroido un ano máis no polideportivo.

Este ano, todos os niveis tiveron representación nas diferentes comparsas.

Grazas á participación do alumnado, a un equipo de son e uns presentadores sen parangón puidose disfrutar dunhas horas de festival carnavaleiro...

Despois dunha difícil deliberación do xurado, saíron os gañadores do Entroido 2024...

1º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: BISTIPOI ON FIRE

2º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: DIVINAMENTE DIVINAS

1º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: O CIRCO DO SON

 

2º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: OS TROLLS

O festival rematou coa actuación do grupo de profes mais marchosos do Instituto, que nos trasladaron por un momento aos anos oitenta...

Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ

  

OLIMPÍADA XEOLÓXICA

08/02/2024 16:02

Alumnado da materia de  Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.

Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A  que quedou terceiro na competición individual!

  

VISITA DA FÁBRICA DE CORTIZO

08/02/2024 15:54

 

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de 2º de Bacharelato de Economía de Empresa foron á fábrica de aluminio  “Cortizo “, en Padrón, onde se visitaron as instalación e viron o proceso de fabricación do aluminio.

 

 

 

CLASES CULTURAIS INGLÉS

06/02/2024 08:53

O luns 5 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato disfrutaron dunha clase cultural en inglés impartida por un nativo. Nela tiveron a oportunidade de aprender sobre a diversidade dun país tan grande como USA, centrándose especialmente na poboación de orixe irlandesa. Foi unha actividade interactiva e divertida.  

 

Información sobre as probas libres para a obtención dos títulos de ESO e de Bacharelato

05/02/2024 23:38

O luns, día 5 de febreiro, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para persoas adultas, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre.

Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPÛ Eduardo Pondal (A Coruña), EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPAPU Albeiros (Lugo), EPAPU de Ourense, EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e EPAPU Berbés (Vigo).

No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPAPU Albeiros (Lugo), a EPAPU de Ourense, a EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e a EPAPU Berbés (Vigo).

Para obter máis información, podedes pinchar nas seguintes ligazóns:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

 

CELEBRACIÓN DA CANDELOIRA

03/02/2024 09:22

Para achegar o alumnado de francés ás costumes socioculturais francófonas, o departamento de francés organizou uns talleres de elaboración de CRÊPES para celebrar a Candeloira.

Así, durante as horas de clase de francés arredor do 2 de febreiro, o alumnado preparou o moado, fixo e degustou as típicas crêpes doces recheas do que máis lles gusta: nocilla, nutella, doce de leite,...

 

CHARLA: ECONOMÍA CIRCULAR

01/02/2024 09:12

Durante a mañá do xoves 1 de Febreiro, o alumnado de Economía de 4ºC/5ºA ESO/2º CICLO, asistíu a un charla impartida por Mª Pilar Piñeiro García, profesora na U.S.C sobre Economía Circular. 

 

PROBAS DE ACREDITACIÓN DE NIVEL LINGÜÍSTICO 2023-24

31/01/2024 22:27

Na Resolución Definitiva de centros beneficiarios das axudas a dotación económica do IES de Porto do Son resultou insuficiente para cubrir as demandas do alumnado interesado.

Durante o segundo recreo do 31 de xaneiro de 2024 foi realizada a selección seguindo o criterio establecido en acto público na Sala de Profesores do IES de Porto do Son e levantouse acta da mesma.

Para máis información pulsar na IMAXE.

Calquera persoa interesada poderá consultar a información completa no centro educativo.

 

CHARLA IDENTIDADE

30/01/2024 22:10

O martes 30 de xaneiro, o alumnado de 1º de Bacharelato asistiu no Salón de Actos do IES a unha charla sobre a IDENTIDADE.

Ao longo da historia, tanto literatos coma filósofos ou psicólogos dedicaron moitos esforzos a conectar cunha intuición que en distintos momentos da vida se manifesta con lucidez. Podería expresarse así: non sei ben quen son porque non sempre me recoñezo. Tal intuición leva aparelladas unha serie de preguntas que preocupan desde os albores da humanidade: quen son? Podo coñecerme totalmente? Son responsable do que fago? Non son máis que variacións do clásico γνωθι σεαυτόν («coñécete a ti mesmo») do oráculo de Delfos. Tanto na literatura como na mitoloxía, estas preguntas desenvólvense dando lugar a varias figuras dominantes, como por exemplo o heroe, o dobre, o espello ou a sombra, protagonistas de relatos, contos e novelas.

Durante esta charla, o alumnado puido repasar varios exemplos desta variada produción literaria mediante algunhas claves interpretativas filosóficas e psicolóxicas coa finalidade de aprender a profundar no camiño do autocoñecemento e da aceptación de si mesmo.

SAÍDA AO SALNÉS

30/01/2024 22:27

Na xornada do luns 29 de xaneiro, o alumnado de 4ºESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizou un estudo xeolóxico das praias da Lanzada, Bascuas e Vilalonga, na Península do Salnés, onde poideron observar estruturas xeolóxicas como pregamentos e fallas.

Completaron a xornada, visitando a cidade de Pontevedra.

Para ver máis fotos pulsar AQUÍ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut