EXAMES DE SETEMBRO. Curso 2017-18

Nos seguintes enlaces poden consultarse as datas e horas dos exames de setembro para ESO e para Educación Secundaria de Adultos.

Calendario de exames de setembro para ESO. enlace

Calendario de exames de setembro para ESA. enlace

REVUE ECHANGE 2017-2018

Aquí podéis consultar la revista del intercambio realizado este curso.

GUÍA DE NUTRICIÓN

O Equipo de Biblioteca en colaboración co Departamento de Bioloxía elaborou unha guía de nutrición que resume os consellos que nos deron as dúas ponentes que viron a realizar charlas para alumnado e pais.

Guía de nutrición (folleto)

Tamén tendes un resumo da Enquisa que pasamos ao alumnado ao final da guía; para consultar o análise completo dos resultados, podedes pinchar aquí.

XORNADAS DE ACOLLIDA.

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP do colexio adscrito ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 4 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

ALUMNADO DO CEIP DA SERRA DE OUTES: mércores 13 de XUÑO.

FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2018-19

O pasado día 21 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 9 de maio de  2018 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2017-18

Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e así formalicen unha matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: LUNS 21 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 28 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

Intercambio 2017-2018

INTERCAMBIO OUTES LUSSAC 2017-2018

 

 

Visita a Muros (Pincha aquí para o formato grande)

Aquí as fotos de parellas.

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2017-18

Dentro do programa Escola de Familias organizamos en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a actividade "Alimentación saudable na adolescencia".

Terá lugar no IES Poeta Añón o martes 24 de abril ás 18,30 horas.

A charla será impartida por Lidia Folgar, Graduada en Nutrición humana e dietética e Máster de condicionantes genéticos, ambientais e nutricionais para o crecemento e o desenvolvemento. Autora de varios libros:"Aprender a comer solo", "La salud en tu plato". Semifinalista de Masterchef en 2016 e moi activa en redes sociais, con mais de 11,000 seguidores en Instagram.

Pensamos que é unha charla interesante que pode aclararnos moitas dúbidas sobre un tema fundamental para a saúde polo que vos animamos a participar.

23 abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Para celebrar o día enchemos a centro de novidades editoriais. Podes velas nesta guía e logo pasar pola biblioteca para levalas a casa.

Powered by Drupal - Design by artinet