Como remate das actividades do curso 20-21, o Club de Lectura do IES viaxou a terras do Ribeiro o pasado 28 de xuño, percorrendo algúns dos escenarios da novela lida pola rapazada lectora de 3º ESO, Memoria do Silencio, de Eva Mejuto. Pola tarde, houbo tamén espazo para os deportes naúticos no encoro de Castrelos de Miño.
Aquí tedes unha mostra de imaxes desa xornada para o recordo.