E.S. Adultos

A ESA VISITA MUROS

Este ano esperando ter un pouco de mellor tempo (meteorolóxico) decidimos retrasar a visita ao Concello viciño, Muros, ata o mes de Abril. A tarde resultou ben entretida grazas as boas e amenas explicacións de María, a técnica de turismo do Concello, sobre o muíño de mareas, os diferentes restos arqueolóxicos que podemos atopar no concello e o museo do mar na conservera de Sel. Como o día resultou ben ventado, non nos quedou outra que facer un pequeno receso na tourneé para tomar un cafe e poder entrar en calor, así que a visita prevista ao casco antigo de Muros viuse un pouco menguada polo tarde que se nos botou. Temos ganas xa da seguinte!!

RUTA DOS CARPINTEIROS COS PÉS MOLLADOS E PETRÓGLIFOS DE FONTEMOUREIRA

Desta volta, o alumnado, profesorado e achegados da ESA, fixemos unha visita polo noso concello. Non só nos guiou Nacho, o técnico de turismo da nosa localidade, senón tamén Antonio de Tremuzo, historia e patrimonio. Partimos do Freixo e fomos pola costa ata o espazo museístico da Carpintería de Ribeira (Estaleiro do Ciprian). Polo camiño comentamos a importancia que este tipo de instalacións tivo no século pasado evidenciado polo elevado número de carpinterías de ribeira que existían neste pequeno espazo. Falamos tamén do actual motor económico da zona, a recollida do berberecho, en risco por diferentes causas.

 

 

Finalizamos o día (máis ben a noite) coa visita aos petróglifos de Fontemoureira.

Exames extraordinarios M3 ESA

Calendario de exames extraordinarios do M3 de ESA:

Luns 11. A. Sociedade: 19:00 horas                     Inglés: 21:00 horas
Martes 12: A: Comunicación (LG+LC): 19:00 horas
Mércores 13: A. Científico-tecnolóxico: 19:00 horas

INICIO DO CURSO 2016 - 2017. ESA

O próximo 22 de setembro comeza o curso para o alumnado do módulo 3 de Educación Secundaria para Adultos.

Faremos a presentación as 19 horas.

Aberto o prazo de matrícula para o módulo 4 de ESA

Desde o día 8 ata o 15 de xaneiro estará aberto o prazo de matrícula para o alumnado que queira cursar o módulo 4 de Educación Secundaria de Adultos que comezará no mes de febreiro.

Exames extraordinarios de maio. EPA

Calendario dos exames extraordinarios de maio. 1º cuadrimestre EPA e PCPI. enlace

CAMBIO DE CUADRIMESTRE ESA

Durante o mes de febreiro remata o módulo 3 de Educación Secundaria para Adultos e comeza o módulo 4.

Aquí tedes as datas:

ALUMNADO ADMITIDO EN 2º DE PCPI. CURSO 2014 - 15

LISTADO DE ALUMNADO ADMITIDO EN 2º CURSO DE PCPI.

INICIO DE CURSO 2014 - 15. E.S. ADULTOS

Probas de avaliación inicial

Científico-matemático ...................................... 15 de setembro ás 19:00 h.

Comunicación …............................................... 16 de setembro ás 19:00 h.

Social …............................................................ 17 de setembro ás 19:00 h.

INICIO DAS CLASES

2º PCPI  ............................ Presentación o luns 22 de setembro ás 19:00 h.

MÓDULOS 3 / 4 …........... Presentación o luns 22 de setembro ás 19:45 h.

NOTA: O módulos 1 e 2 non se impartirá este curso polo baixo número de alumnado matriculado e a redución do número de profesores.

Exames de setembro EPA. Curso 2013-14

No arquivo adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro. Enlace

O prazo de matrícula para o seguintes curso será do 1 ao 10 de setembro.

Powered by Drupal - Design by artinet