Francisco Añón Paz (Boel-Outes, 9 de outubro de 1812 - Madrid, 20 de abril de 1878).
Estudou Xurisprudencia en Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. A súa participación na revolta provincialista de 1846 fixo que tivera que desterrarse a Portugal, residindo en Lisboa ata 1850. Viaxou tamén por Francia, Italia e Andalucía. En 1861 estableceuse en Madrid onde exerceu como xornalista. Permaneceu un ano en Galicia (1868-1869) e despois retornou definitivamente para Madrid.
Escribiu en castelá, en galego e , nalgunha ocasión, en portugués. Os seus poemas galegos publicáronse de forma dispersa na prensa da época, quedando algúns inéditos.
Añón gozou de moita popularidade, en parte, debido a admiración que despertaba en Curros Enriquez polas súas ideas progresistas e anticlericais.
É considerado un dos precursores do Rexurdimento.
A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas no ano 1966.
Máis información. pulsa