Actividades

20 MARS FRANCOPHONIE

O 20 DE MARZO O ALUMNADO DE 2º E 3º DE ESO ORGANIZOU UNHA MOSTRA DE PRATOS FRANCÓFONOS PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA.

FOI TODO UN ÉXITO.

MÁIS FOTOS NO ENLACE

MERCI À TOUS POUR VOTRE COLLABORATION!

ESO para persoas adultas no IES Poeta Añón

Formación para adultos no IES Poeta Añón

Se tes 18 ou máis anos podes conseguir o título da ESO no IES Poeta Añón, e nun horario

compatible coa maioría de traballos e cargas familiares.

NECESITAS ou QUERES mellorar o teu currículum para poder acceder a postos de traballo?

NECESITAS ou QUERES o Celga 3?

NECESITAS ou QUERES exercitar a túa mente para sentirte mellor?

 Non tes máis que chamar ao 881866221 ou pasar polo IES a informarte.

SEMINARIO ON-LINE

A Cruz Vermella convida a todas as familias a participar no webinar "Prevención de drogodependencias e condutas afíns desde a resolución de conflitos” impartido polo psicólogo especialista Juan Manuel Romero.

Esta actividade é aberta e gratuíta para calquera familia. Só se precisa un dispositivo con micrófono, cámara e conexión a Internet (o móbil mesmo).

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2019-20

LUNS 17 de febreiro ás 18,30 horas.

Nesta segunda xornada trataremos o tema das Redes sociais e a relación co acoso escolar. Será impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos no que o IES participa desde hai varios anos.

ESCOLA DE FAMILIAS. Curso 2019-20

Poñemos en marcha a Escola de Familias para o curso 2019-20. Como en anos anteriores faremos unha reunión por trimestre nas que trataremos de mellorar o noso coñecemento sobre temáticas que nos preocupan a todos.

A primeira reunión terá lugar no IES Poeta Añón o vindeiro xoves 21 de novembro ás 18,30 horas.

O lema de traballo escollido polo centro para este curso é "Outes por un futuro sostible". Neste contexto, na sesión do primeiro trimestre trataremos o tema "Emerxencia climática: redución de uso de plásticos. Que podemos facer dende casa?".

Actividades para maiores de 12 anos. ANPA Río Tines

A ANPA Río Tines do CEIP de Outes organiza actividades para maiores de 12 anos durante o curso 2019-20.

Nos seguintes enlaces podedes acceder a lista de actividades e descargar a folla de inscrición nas mesmas.

Reunión inicial coas familias. Curso 2019-20

A presentación do curso 2019-20 para as familias do noso alumnado será os días indicados.

Na reunión do luns para o alumnado de 1º e 2º explicaremos o funcionamento de proxecto de libros dixitais (E-Dixgal) e resolveremos as dúbidas que teñades sobre o mesmo.

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2018-19

Como remate das reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Sexualidade e diversidade sexual na adolescencia. Martes 11 de xuño de 18 a 20 horas.

Será impartida por Paula Fernández Rico, traballadora social, sexóloga e técnico de Quérote +. Lecturas coeducativas recomendadas.

Xornadas de acollida. Curso 2019-20

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP do colexio adscrito ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 3 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

Visita do alumnado de 6º de EP: MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 10,30.

XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2018-19

Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e así formalicen unha matrícula acorde aos seus intereses.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: LUNS 13 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 27 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.

Powered by Drupal - Design by artinet