Chegou a hora!, comezamos a actividade de natación dentro da unidade didáctica de “Prácticas físico deportivas na nosa contorna” no horario de clase de Educación Física.
O Concello de Ames, un ano mais, pon a nosa disposición a piscina municipal e todo o material necesario (taboas, aletas, cinturons, colchonetas, churros, etc) para desenvolver esta actividade sen coste ningún para as familias nin para o centro educativo.
1. Os rapaces e rapazas deberán levar unicamente o material persoal, sendo obrigatorio o seguinte:
- Un bañador (piscina o praia)
- Gorro (tela ou silicona)
- Chanclas
- Toalla
- Neceser de aseo
As gafas de natación non son obrigatorias pero sí recomendables.
2. O desprazamento á piscina realizarase camiñando, polo que é necesario revisar o tempo e vir con paraugas, cazadora e calzado adecuado en caso de choiva.
3. Os nenos e nenas que por algún motivo, algúns dos días, non poidan realizar práctica na auga, deberán xustificalo debidamente e vir con roupafresca e con chanclas para poder permanecer nas gradas da piscina.
4. Neste primeiro trimestre faremos 5 sesións prácticas de natación. Ver calendario publicado