FONDO DE LIBROS - AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Curso 2018-19

O pasado día 21 de maio foi publicada no D.O.G. a orde do 9 de maio de  2018 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocando axudas para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Nos seus requisitos non hai novidades ao respecto de convocatorias anteriores:

  • Concédense axudas – vales- para adquisición de material escolar ou para participar no sistema de préstamo (fondo solidario).
  • Os libros collidos a comezo de curso, do fondo de libros, han de ser devoltos ata o 22 de xuño, en perfecto estado  para poder acollerse ós do vindeiro curso.
  • Os límites de renda per cápita para optar ás axudas son os mesmos, renda igual o inferior a 5.400€ ou renda igual ou inferior a 9.000€. As axudas para material escolar só se darán ás rendas inferiores a 5.400€.
  • Para o cálculo da renda per cápita terase en conta a situación da unidade familiar a data de 31/12/2016, que terá que ser acreditada por copia do libro de familia, e se este non reflicte a situación familiar na data de referencia, haberá que facelo con sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais do concello ou certificado de defunción.
  • Os efectos e a acreditación da discapacidade ten o mesmo tratamento que en anteriores convocatorias.
  • Cando non se autorice a consulta de identidade do solicitante deberá aportar copia do D.N.I. ou cando non  se autorice a consulta de datos tributarios deberá achegar a declaración do IRPF ou a falla del, certificado tributario.
  • Unha única solicitude recollerá a tódolos irmáns que estean no mesmo centro para os que se solicite axuda.
  • Haberá un só modelo de solicitude, que servirá para as dúas clases de axuda.

 En canto as novidades, as máis importantes  son as relativas ao procedemento de tramitación:

 Poderá realizarse a solicitude na aplicación Fondolibros, cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e posteriormente poderá presentarse no centro ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • As autorizacións dos membros da unidade familiar distintos do solicitantes figuran nesta convocatoria no Anexo II.       
  • O prazo ÚNICO de presentación será ata o 22 de xuño

O modelo de solicitude de axuda  -anexo 1- está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación e na sede electrónica da Xunta.

Tamén se pode descargar ao final desta páxina.

 

O día 12 de xullo serán publicadas as listas provisionais nesta páxina web (haberá dous días para efectuar reclamacións).

O día 14 de setembro publicaremos as listas definitivas.

 

AdxuntoTamaño
AnexosI_II_fondolibros1819.pdf2.02 MB

Powered by Drupal - Design by artinet