Lista definitiva do Fondo de Libros. Curso 2019-2020

Lista definitiva de libros adxudicados do Fondo de Libros ao alumnado de 3º e 4º de ESO. acceso

INICIO DE CURSO. 2019-2020

Seguindo as instrucións recibidas dos servizos de inspección educativa comezaremos o curso 2019-20 o luns 16 de setembro co horario normal do centro: de 8,25 a 14,05 e de 16,20 a 18,00 na sesión de tarde.

Pedimos desculpas ás pesoas que contaban coa xornada de presentación e acollida de cursos anteriores pero a recepción destas instrucións obriga a este precipitado cambio.

 

Terceiro Campus Internacional Climántica. Aveiro 2019

A través do congreso internacional CLMNTK19 foron seleccionados os traballos presentados por oito dos alumnos do IES Poeta Añón para asistir ao Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro (do 4 ao 8 de setembro). galería de fotos

Participarán autores de 24 centros educativos do Leste e Sur de Europa, Norte e Centro de América Latina e Norte de África.

Na imaxe a visita ao Concello de Outes para agradecer a axuda económica aportada para facilitar a participación do alumnado.

 

Exames de setembro 2019. ESO

Calendario de exames de setembro. enlace

 

Exames de setembro 2019. ESA

Calendario de exames de setembro para o alumnado de adultos. enlace

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 3ª reunión. Curso 2018-19

Como remate das reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Sexualidade e diversidade sexual na adolescencia. Martes 11 de xuño de 18 a 20 horas.

Será impartida por Paula Fernández Rico, traballadora social, sexóloga e técnico de Quérote +. Lecturas coeducativas recomendadas.

Xornadas de acollida. Curso 2019-20

Un ano máis realizamos as xornadas de acollida para facilitar o acceso do alumnado de 6º de EP do colexio adscrito ao IES.

Teremos unha reunión coas familias para explicar as características dos novos estudos e o funcionamento do centro e tamén recibiremos dentro do horario lectivo ao alumnado de 6º para que coñezan as instalacións e as actividades que realizamos durante o curso.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE EP: LUNS 3 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE.

Visita do alumnado de 6º de EP: MÉRCORES 5 DE XUÑO ÁS 10,30.

CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

No ano 2019 celebramos o 150 aniversario do descubrimento da Táboa Periódica dos Elementos Químicos por Dimitry Mendeleiev. Para celebrar esta conmemoración, a UNESCO declarou 2019 como o Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

No marco desta celebración, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela organiza o concurso de carteis “A Táboa Periódica e Galicia”, que pretende divulgar entre o alumnado de Secundaria, Ciclos Formativos e BAC de Galicia a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria.

Os tres traballos presentados polo alumnado do IES foron seleccionados entre os 30 carteis que serán expostos na facultade de Química a partir do 24 de maio.

Tántalo, o ouro gris. 3ºA.    Volframio. 3ºBRadon, un perigoso descoñecido. 4º

Éxito de participación: El Correo Gallego. Foto1. Foto2. Galería de fotos.

Powered by Drupal - Design by artinet