No portal da Consellería de Educación está publicada a convocatoria para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. acceso.
Prazo de presentación do 27 de febreiro ao 26 de marzo.
No portal da Consellería de Educación está publicada a convocatoria para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020. acceso.
Prazo de presentación do 27 de febreiro ao 26 de marzo.
Un ano máis o alumnado do IES POETA AÑÓN celebrou a chegada do Entroído cun concurso de disfraces, eses foron os premiados. Atoparás máis fotos na galería.
O mércores 5 de febreiro dentro da programación de actividades de "Outes por un futuro sostible", o alumnado de 4º de ESO, visitou o Complexo Medioambiental de SOGAMA en Cerceda.
Alí comprobamos de primeira man a necesidade de reciclar máis e mellor.
LUNS 17 de febreiro ás 18,30 horas.
Nesta segunda xornada trataremos o tema das Redes sociais e a relación co acoso escolar. Será impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos no que o IES participa desde hai varios anos.
Estas actividades será impartida por membros da Garda Civil dentro do Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centro educativos.
Martes 11 de febreiro ás 12,25, alumnado de 3º e 4º de ESO: Problemas relacionados co consumo de alcol e drogas.
Luns 17 de febreiro ás 16,20, alumnado de 1º e 2º de ESO: Redes sociais e acoso escolar.
Dentro do programa Climántica, do 2 ao 7 de febreiro o alumnado de 3º de ESO do IES participará no Centro de Intercambio de Estudiantes de Madrid en actividades de concienciación fronte ao cambio climático. Galería de fotos. web oficial Climántica.
Por medio de videoconferencia xa coñecen ao alumnado do Liceo 26 Baczynski de Lödz (Polonia) cos que realizamos o intercambio e durante eses días participarán tamén o IES Isidra de Guzmán de Alcalá de Henares e o IES Puerta Bonita de Madrid.
Ademais do intercambio de proxectos farán visitas a centros de interese en Madrid, Alcalá de Henares e Toledo.
Estes días recibimos a noticia do patrocinio por parte da UNESCO da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se preparará durante o intercambio Galicia-Polonia no que participamos. El correo gallego1. Ecg2. Ecg3 muller e ciencia.
Por iniciativa dos equipos de Dinamización de Lingua Galega de varios concellos (incluído o concello de Outes) se organiza un torneo de debate entre o alumnado 3º, 4º de ESO e 1º de bacharelato co obxectivo de favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera nas xornadas de debate). Os contidos que se traballan principalmente teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso
O próximo martes 14 de xaneiro retomaremos a actividade da HORA DE LER.
As lecturas programadas polo Equipo de biblioteca consistirá en dous cofres para lectura individual e repartirase da seguinte forma:
Deixamos no ficheiro adxunto unha pequena guía de lecturas e películas seleccionadas de entre as últimas novidades adquiridas pola biblioteca do centro.
BO NADAL e FELICES LECTURAS!!
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |