O alumnado de 2º de ESO viaxou a Lisboa xunto cos compañeiros do IES Virxe do Mar de Noia e participaron na celebración do Día Marítimo Europeo. Enlace ao Facebook de Climántica.
Actividade náutica. Curso 2018-19
Dentro das actividades programadas polo departamento de Educación Física o alumnado de 3º de ESO participou nunha actividade náutica organizada en colaboración coa Asociación Terra de Outes e o Club Náutico O Freixo. galería de fotos.
XORNADAS DE ORIENTACIÓN PARA AS FAMILIAS. CURSO 2018-19
Como en cursos anteriores realizaremos unhas xornadas informativas coas familias do alumnado de 3º e 4º de ESO nas que explicaremos as opcións que terán para continuar os seus estudos e así formalicen unha matrícula acorde aos seus intereses.
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 3º ESO: LUNS 13 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.
FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º ESO: LUNS 27 DE MAIO ÁS 7 DA TARDE.
CONGRESO SOBRE A EMIGRACIÓN GALEGA
![]() |
Entre os días 8 e 11 de maio o IES cede as súas instalacións á asociación Terra de Outes, que organiza un congreso sobre a emigración galega con ocasión da publicación do libro "De Outes a S. Telmo" do emigrante de Outes na Arxentina Domingo Sendón. No patio central do IES permanecerá a exposición "LUCES DE ALÉN MAR. AS ESCOLAS DE AMERICANOS EN GALICIA" durante os días que dura o congreso. A inauguración terá lugar o mércores 8 de maio ás 19 horas. Galería de fotos. |
Día Internacional das Rapazas nas TIC
Con motivo do Día Internacional das Rapazas nas TIC que se celebra o 25 de abril, o CiTIUS da USC (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes) organiza unha exposición que repasa as contribucións de 10 científicas e tecnólogas destacadas para facer visible o seu legado e tamén promover vocacións tecnolóxicas entre rapazas e mulleres novas.
I CAMPUS CLIMÁNTICA IBEROAMÉRICA. COSTA RICA 2019
A delegación galega camiño de Costa Rica.
Do 6 ao 20 de abril o alumnado do IES Poeta Añón, xunto cos representantes dos centros IES Virxen do Mar, IES Xelmirez I, CPI dos Dices e CPR Cervantes participará no I Campus Climántica Iberoamérica que se celebra en Costa Rica. Galería de fotos. Máis información no Facebook de Climántica.
Contando as experiencias na TVG. Información no xornal "El Correo Gallego".
Reflexións sobre a película Campeones
Vídeos do programa Salvados adicado á película Campeones. Están subidos ao servidor do centro, polo que só poden verse en ordenadores do IES.
VII SEMANA CULTURAL 2018-2019
Este é o programa da VII Semana Cultural do IES POETA AÑÓN, que se celebrará entre o mércores 20 e o martes 26 de marzo.
XUSTIZA CLIMÁTICA
O venres 15 de marzo participamos na xornada de protesta ante a pasividade das autoridades para tomar medidas que eviten o cambio climático que está a experimentar o planeta.
Os centros que participamos no proxecto CLIMÁNTICA elaboramos un video cos manifestos que foron lidos polo noso alumnado: enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »