VII SEMANA CULTURAL 2018-2019

Este é o programa da VII Semana Cultural do IES POETA AÑÓN, que se celebrará entre o mércores 20 e o martes 26 de marzo.

XUSTIZA CLIMÁTICA

O venres 15 de marzo participamos na xornada de protesta ante a pasividade das autoridades para tomar medidas que eviten o cambio climático que está a experimentar o planeta.

Os centros que participamos no proxecto CLIMÁNTICA elaboramos un video cos manifestos que foron lidos polo noso alumnado: enlace.

CUESTIONARIO PARA O SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2019

 

No marco da Estratexia Galega de Convivencia escolar 2015-2020 todos os membros da comunidade educativa participamos no ano 2015 nunha enquisa para efectuar unha avaliación inicial da convivencia nos centro educativos.

 

CONCURSO DE BIBLIOTECA

O SEGUNDO CONCURSO DESTE TRIMESTRE XA ESTÁ AQUÍ CUN LEMA QUE PODE INSPIRAR AOS MÁIS PESIMISTAS

"YES WE CAN"

PROCESO DE ADMISIÓN. Curso 2019-20

 Listaxe de alumnado admitido no centro unha vez rematado o proceso de reserva de praza.

O proceso de admisión e matrícula para o curso 2019-20 está regulado polos seguintes documentos:

Actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2019.

Publicase no DOG do día 20 de febreiro a Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Cartel informativo desta convocatoria.

CONCURSOS DE BIBLIOTECA

 

No IES Poeta Añón propoñémovos combater o frío do mes de febreiro, cunha serie de concursos na biblioteca.

O primeiro comezará o próximo luns de 11 de febreiro en torno a longametraxes sobre discriminación tanto racial, como por discapacidade ou orientación sexual.

      

 

ESCOLA DE FAMILIAS: 2ª reunión. Curso 2018-19

Continuando coas reunións programadas para este curso presentamos a seguinte actividade a realizar nas instalacións do IES:

Prevención da violencia de xénero. Luns 4 de febreiro ás 18:30 horas.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Dentro do proxecto "Somos diferentes, somos iguais" no que traballamos este curso abordamos actividades que poñen de manifesto a existencia da persecución que sofren moita persoas por motivos de xénero.

Por medio do "Plan Director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos", axentes da Garda Civil informarán sobre a "Violencia de Xénero" ao alumnado nas seguintes datas:

CONTRA A DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE XÉNERO

En colaboración con Amnistía Internacional presentamos ao alumnado a persecución que sofren moitas persoas por motivo da súa orientación sexual. galería de fotos.

Na exposición que estará exposta no centro do 8 ao 24 de xaneiro presentanse algúns dos casos con máis repercusión que tiveron lugar en África.

Powered by Drupal - Design by artinet