Skip to Content

EDLG

Coplas en homenaxe a Carvalho Calero

Letras galegas 2020 - Ricardo Carvalho Calero

Xa chegaron os carteis especiais Letras galegas que como cada ano acostuma publicar o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Este curso traballaron en equipo, investigaron e maquetaron os alumnos/as de 4º ESO liderados pola súa profesora Miruca Parga. Entre todos os carteis feitos houbo que seleccionar os doce que resumían  a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Se queres saber máis sobre a figura homenaxeada das Letras deste ano, só tes que ver estes carteis informativos.

Coplas Os Maios

O alumnado de 2º de 3º de ESO estivo compoñendo unhas coplas en lingua galega coa súa profesora Belén. E aquí o resultado da creatividade en ocasión moi graciosa do noso alumnado.

Letras galegas 2020

Traballo realizado polo alumnado da materia "Lingua Galega do s.XX e da actualidade" (2º BAC-B)

Grazas a: (por orde de aparición) David Basanta, Carolina Basanta, Pablo Delgado, Ainhoa Fanego, Carla Fra, Iván García, Álex Gómez, Borja Nogueira, Alejandro Pena, Samuel Pérez, Carmen Pernas, Iker Roca, Andrea Santos, Nicolau Vizoso

II Certame de regueifas do IES Perdouro - Fase confinamento

NON PERDAS O NORTE 2020

Debido ao confinamento pola aparición do virus SARS-CoV-2 o equipo organizador do certame decidiu actualizarse e adaptarse ás novas medidas. O certame cambia radicalmente.
 
Volvemos abrir o prazo de inscrición. Neste caso a vosa participación no certame consistirá no envío dun vídeo regueifando. 
 
Recibiranse vídeos ata o día 24 de abril. 
 
Para máis información consultar as bases na nosa web https://nonperdasonorte.webador.co.uk/

Finalistas Concurso de carteis 8M

Xa temos os traballos finalistas do concurso de cartel 8M. Parabéns ao participantes!!
 
Feminismo para vivir!!!


Baile pola igualdade

Tiñamos unha cita esta mañá no patio do instituto, profesores e alumnos. 
Era o baile definitivo sobre a canción E ti, só ti, versión de Sé,  co propósito de visibilizar a igualdade.
Logo de ensaiar nos recreos desta semana a coreografía do baile que as alumnas de xinmasia rítmica nos ensinaron, chegou o día da gravación. 
Celia Leivas, alumna de 3º ESO, conduciu o acto abríndoo coa lectura dun pequeno manifesto feito por ela.
Cristian fixo de técnico de cámara e contamos con José Luis do departmento de Electrónica na megafonía. Todo saíu ben, mais houbo que facer tres tomas. Agora toca esperar pola montaxe do vídeo. Mentres tanto aquí algunhas fotografía do acto 8M.

Viaxar polo mundo

Benxa Soto, profesor de Educación física, fala da súa motivación e experiencia coa adquisión do inglés nas súas viaxes e inmersións lingüísticas en Canadá e Australia.

II Certame de Regueifas do IES Perdouro

Xa temos convocado o II certame de regueifa do IES Perdouro. No hall de entrada está colocado un buzón onde podes deixar o formulario de inscrición. Tes ata o 18 de marzo para prepararte e ceibar a lingua!!!
 
Achegamos as bases:

 

Concurso de carteis 8M

O EDLG e a biblioteca convoca un concurso de carteis aberto a toda a comunidade educativa para conmemorar o mes da Muller. Prazo de entrega o 16/03/2020.

Bases 
- Escribe unha frase reivindicativa en galego.
- Escolle unha imaxe/debuxo ou un deseño do teu agrado.
- Os traballos poden ser presentados en formato papel A4 ou dixital JPG.
- Todo traballo debe incluír un lema e unha imaxe ou debuxo.
- Os traballos deben ser individuais.
- Valorarase a orixinalide e creatividade dos traballos presentados .
- No dorso de cada traballo debe indicar o nome e curso do alumnado.
- Os participantes poden presentar ata un máximo de 3 traballos.

 

Festival de Entroido 2020

Neste I Festival de Entroido do IES Perdouro conducido por Cristian, houbo moi boas participacións.

Samuel estaba aos mandos da música, Alejandra e Lucía inmortalizaron o acto facendo fotos e vídeos. Os xuices tomaron moi en serio o seu traballo: grazas a Susi, Sandra e Noé!!

Os premios foron donados polas tendas de Burela. Os Trofeos foron maquetados e impresos coa impresora 3D no taller de tecnoloxía así como uns chaveiros. Os diplomas estaban listos. O patio estaba engalanado de globos e guirnaldas. Entón xa podía comezar o desfile e a festaaaaaa!!! O noso grupo de gaitas abriu o acto acompañado por pandeiretas e tambor.

Accede aquí á reportaxe fotográfica. Parabéns a todos/as os participantes así como o público!! Que viva o entroido!!!
 
Para acceder á entrega de premios pica aquí.

Entroido tradicional en Galicia

O alumnado de 4º ESO TIC fixo un traballo de investigación sobre o entroido tradicional en Galicia e realizou 22 carteis que se expoñen na entrada do centro.
 
Para acceder aos carteis pica aquí.

 

Semana dos Afectos Igualitarios



No ámbito da celebración da Semana dos Afectos Igualitarios, a Biblioteca e o EDLG desafían toda a comunidade educativa a elaborar uns versos cunha mensaxe sobre os afectos para o muro dos aloumiños.
Con esta atividade a Biblioteca e o EDLG pretenden fomentar a creatividade e imaginación dxs alumnxs.
Os versos máis orixinais terán premio. Valorarase a escritura creativa en galego así como a creatividade plástica da tarxeta. ........................................................................................................
Os emisarios de Cupido estarán repartindo cartas o venres 14.
............................................................................................................
Adícalle á persoa que aprecias uns dos teus mellores versos. Deixa a túa carta na caixa instalada no hall de entrada. Non esquezas indicar o nome destinatario/a e curso.
Poderanse dirixir a calquera membro da comunidade educativa, sempre e cando estean escritas dende o respecto.
...............................................................................................................
Tedes ata o día 13 para mandar versos afectuosos a quen queirades.

Semana dos Afectos Igualitarios

Os emisarios de Cupido estarán repartindo cartas o venres 14.
Adícalle á persoa que aprecias uns dos teus mellores versos. Deixa a túa carta na caixa instalada no hall de entrada. Non esquezas indicar o destinatario/a.
 

Presentación do libro "Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz"

Antón Niñe naceu no concello de Barreiros en 1958. Foi durante moitos anos profesor de Relixión no IES Perdouro de Burela, tamén é autor de libros e foi presidente da A.C. Os Matos de Burela.
En outubro publicou un libro titulado Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz. O seu libro ten 5 capítulos e conta a historia dun barco de cabotaxe. Dedicou varios anos a investigar nos arquivos do barco, nas bibliotecas e a falar cos tripulantes. Escribiu este libro para gardar a memoria do barco, de seu pai (que foi patrón do mesmo) e dar a coñecer desta embarcación.
O barco foi construído en 1944 nun estaleiro de Asturias e despezárono en 1965. Navegou 21 anos, 19 deles seu pai estivo a bordo, 4 de mariñeiro e 15 de patrón. Como era un barco de cabotaxe transportaba moitos tipos de mercadorías como madeira ou cemento. O barco levaba 9 tripulantes entre o patrón, o fogoneiro, o cociñeiro e os mariñeiros.
Distribuir contido


by Dr. Radut