Skip to Content

EDLG

Celebramos o día de Rosalía de Castro

Celebramos o día de Rosalía de Castro cun recital poético recollido na nosa canle de YouTube: 

 

Podes visualizalos aquí

 

Ilustración do cartel: Lidiana de Pina Sanches, 3º ESO

 

 

 

 

RECITADOS

1º ESO A "Unha vez tiven un cravo"

1º ESO B "Por que, miña almiña"

1º ESO C "A un batido, outro batido"

LECTURAS 2º E 3º ESO : "De balde" & "Quíxente tanto, meniña"

4º ESO

LECTURAS DE 4º ESO E BACHARELATO 

RECITADOS 1º BACHARELATO 

"Tal como as nubes"

"Non coidarei xa os rosales"

"Eu direivos"

Día 1 - 21 días co galego "Acto inaugural"

Hoxe 22 de febreiro de 2021 iniciamos os 21 días co galego e +.

Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece.

Ao longo de 21 días, no blog dos 21 días atoparemos propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Somos máis de trinta profesores e profesoras do Perdouro de secundaria e ciclos formativos participando neste programa, un total de 280 alumnos e alumnas aproximadamente e contamos tamén co persoal non docente.

Esta mañá, asistimos ao acto inaugural dende a aula de 3º ESO A emitido por videoconferencia. Aínda que a conexión por momento non foi óptima, puidemos escoitar as palabras de ánimo de Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.) e de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega). Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) retounos a facer a seguinte reflexión:

REFLEXIÓN 1

Hoxe vas ter que realizar a túa primeira gravación de reflexión.

Lembra que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise. Non necesitamos que nos contes o marabilloso que é o galego; ben o sabemos!

  •     Que usos fas ti habitualmente do galego?
  •     Que che parece a proposta dos 21 Días co Galego e +?
  •     Pensas que che será moi doado ou moi difícil para ti?
  •     Se non falas galego de forma cotiá. Veste capaz de chegar a falar 24 horas en galego desde o primeiro día?
  •     Cres que o lograrás antes do último día?
  •     Que reaccións percibiches entre o resto da túa clase ou na casa?
  •     Que pasos deches xa hoxe para seguires a proposta?
  •     Pensas ampliar progresivamente os usos ou tentas xa falar galego sempre?
  •     En que ámbitos (escola, amizade, familia, lecer…) ou con que tipo de persoas cres/sabes que che custará máis?
  •     Agora establece 3 retos concretos para o teu avance como galegofalante. Lembra que se ti xa es galegofalante os teus retos serán de que 3 maneiras lle vas axudar ao resto das túas compañeiras e compañeiros.

Máis fotos de entregas de camisetas AQUÍ

Atención: Imos comezar os 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS!

O luns, 22 de febreiro, comezamos os 21 DÍAS CO GALEGO E+.

O acto de inauguración terá lugar ás 10h30 e asistirán Valentín García (Secretario Xeral de Política Lingca.), Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega), Pilar Ponte (Coordinadora dos 21 Días co galego) e todos os centros participantes.

A aula de 3º ESO A conectarase en directo en representación do IES Perdouro e acompañaránnos representantes do equipo directivo e do EDLG.

Este ano, os 10 centros en mobilizarmos en prol do galego somos:

    IES Xesús Taboada Chivite de Verín
    IES Ramón Cabanillas de Cambados
    IES Sánchez Cantón de Pontevedra
    IES de Carral
    IES  Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
    IES Lamas de Abade de Santiago
    CPR A Inmaculada  de Lugo
    IES Santa Irene de Vigo
    IES As Mariñas de Betanzos

Exposición 11 de febreiro: Día da muller e da nena na ciencia

A falta de referentes femininos fai que moitas nenas consideren que as carreiras científicas son "cousa de homes". Para salientar a contribución das mulleres á Ciencia e denunciar a súa ausencia nos libros de texto e nos medios de comunicación, o alumnado de 4 da ESO de Bioloxía fixo uns pequenos traballos de investigación sobre 9 científicas internacionais, destacadas polos seus descubrimentos en campos como a Xenética, a Medicina ou a Astronomía.

A exposición dos carteis está no primeiro andar do edificio principal. Tamén tédelos aquí a continuación: 

 Vídeo:

"O sexismo no día a día. Cousa do pasado?" - Obradoiro de Antía Yáñez

O pasado venres 20 de novembro Antía Yañez veu impartir un obradoiro sobre o sexismo e o machismo. 

Que é o sexismo?

A diferenza entre o sexismo e o machismo é a ideoloxía, comportamento ou actitude que manifesta discriminación das persoas ou do seu sexo. Tamén é a ideoloxía ou estratexia que sustenta o machismo. Este é máis sutil e invisible. .. seguir lendo a crónica de Martín González Cabanas, 1º BAC B no blogue de Perdourando.

Feliz ano novo!

 Vémonos o luns 11!! Voltamos ás clases a partir do luns. 

Felices festas!

 

 

Damos os parabéns ao noso alumno de 1º ESO , Gabriel Díaz Pernas, polo deseño da tarxeta do centro, á vez que queremos homenaxear á poetisa Luz Pozo Garza que nos deixou este ano.

Cartas ao futuro - Especial 25N

Para traballar a igualdade e concienciar sobre o problema social da violencia de xénero, desde a titoría de 1º A da ESO os alumnos e alumnas desenvolveron un bonito traballo chamado "Cartas ao fututo", que podedes ver no seguinte vídeo:

Obradoiro de igualdade

 

 

 

Videoconferencia de Sonia Villapol Salgado - Mes da ciencia en galego

 
Videoconferencia "Só a ciencia nos rescatará da pandemia" por Sonia Villapol Salgado.
 
16/11/2020 ás 12h45 para o alumnado de 4º ESO e 1º Bach.
 

Programa videoconferencia.

12.45-13.00: Inauguración coa intervención de:
. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística,
. Manuel Díaz Regueiro, presidente de Igaciencia, 
. Inés Ben González, secretaria de Igaciencia
 
13.00 - 13.45: Conferencia de Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e profesora no departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston, TX.
 
13.45-14.00 aprox. contestación de preguntas recibidas a través do chat.
 
Breve biografía conferenciante:
 
Sonia Villapol Salgado, científica no Centro Médico de Texas (Houston, EE.UU.), forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19 (COV-irt.org)
 
Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira.
Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). 
Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
 
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.
 
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural. https://www.villapol-lab.com/
 

Maruxía 26

Logo do traballo dirixido por Natalia Irimia, coordinadora do Equipo de Dinamización en Lingua Galega, sae o nº 26 da nosa revista escolar. Maruxía está chea de cores e recensións de moitas das actividades realizadas ao longo deste ano atípico. Recolle as saídas educativas, os obradoiros, carteis informativos así como composicións (coplas, odas, cartas de ánimo e diario). 
Esta vez non imos contar coa versión en papel da revista mais inclue código QR que fai dela unha revista máis interactiva. Esperamos que poidades desfrutar da súa lectura. 

Maruxía 26

Publicada a edición dixital da nosa revista anual neste ano atípico.

O equipo de redación de Maruxía formado polo alumnado de 4º de ESO TIC traballo de xeito diferente para maquetar o número 26 da revista Maruxía. Esta vez a revista non irá a imprenta e non faremos tristemente ningún acto de presentación presencial como acostamos facer. Máis está chea de cores, bons recordos, crónicas de viaxes e saídas, e actividades realizadas durante o confinamento. Recolle as saídas educativas, os obradoiros, carteis informativos así como composicións (coplas, odas, cartas de ánimo e diario). 

Esta vez non imos contar coa versión en papel da revista mais inclue código QR que fai dela unha revista máis interactiva. Esperamos que poidades desfrutar da súa lectura. 
 

Cooperamos con Cruz Vermellla para paliar os efectos da emerxencia social

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, colaboramos con Cruz Vermella Burela. Fixemos chegar ás avoas e aos avós unhas cartas de ánimo redactadas polo noso alumnado de 4° ESO para paliar os efectos do confinamento causados pola pandemia. 
 

Unha e mil veces grazas

No marco do noso proxecto educativo de cooperación Na casa de papel, o alumnado de 4º de ESO fixo un vídeo colaborativo para dar as grazas mil e unha veces aos colectivos máis afectados pola alarma sanitaria.

As gravacións foron feitas durante o confinamento debido á Covid 19. A edición final deste vídeo foi rematada aínda estes días. Trátase dun xesto desinteresado para recoñecer o esforzo e traballo de todxs nesta pandemia e para demostrar  tamén que a responsabilidade individual redunda no ben de todxs.

Diario do confinamento 2020

Os alumnos/as de 4º de ESO estiveron escribindo os seus diarios do confinamento. A súa profesora Miruca Parga seleccionou os textos que forman o seguinte diario de 4º de ESO A. 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut