Skip to Content

EDLG

Aldaolado

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu esta mañá no auditorio da Casa da Cultura á actuación de María Lado e Lucía Aldao, coñecidas profesionalmente como Aldaolado. Estas dúas poetisas deron un recital no que a poesía se mesturou coa aprendizaxe da lingua: desde a ortografía ou a colocación do pronome átono ata as variedades dialectais. As composicións recitadas estiveron acompañadas de música en directo e o acto rematou coa elaboración dun poema dadaísta composto por coñecidos versos de poesías galegas. Os rapaces participaron na creación do poema e o resultado foi sorprendente e, asemade, divertido. A actividade serviu para desmitificar a poesía como algo afastado e aburrido e converter o seu proceso creativo e o seu resultado en algo dinámico e ameno.

Accede ás fotografías aquí.

Celebración do Día da Muller

Esta mañá co gallo de celebrar o Día da Muller, estivemos confeccionando a pancarta co lema deste ano "Por todas as mulleres, por todos os dereitos" coa axuda do alumnado de 1º de ESO C, alumnos de 2º de Bacharelato e profesores nun ambiente suprecolaborativo. Tamén repartimos lazos lilas. Logo no recreo xuntámonos no patio para unha foto simbólica, mostra de unión para reinvindicar a igualdade.
Feminismo para avanzar, unidas pola igualdade
 
 

Visita ás exposicións sobre Castelao en Santiago de Compostela

O 20 de febreiro, o alumnado de “Literatura Galega” de 2º de Bacharelato, tivemos a sorte de poder visitar a exposición “Alba de Gloria” en Bonaval e o impresionante cadro "A derradeira lección do mestre" de Castelao na Cidade da Cultura. 
Alí, no Monte Gaiás, tamén tivemos a oportunidade de ver unha recreación de como eran as escolas durante a República e unha listaxe cos nomes dos mestres asasinados por non ser afíns ao réxime do momento. 
Xa en Santo Domingos de Bonaval experimentamos os efectos da realidade virtual da "Compaña dos Inmortaes Galegos", o discurso que deu Castelao en Bos Aires en 1948, ... seguir lendo a cronica de Teresa Crego Deán de 2º Bacharelato no blogue de Perdourando.

"A Mariña ten historia" 2

Como cada ano, o ano empeza coa chegada dos calendarios de sobremesa e de marcapáxina do Equipo de Dinamización. Este curso foille encomendado esta tarefa ao alumnado de 4º de ESO de TIC. 
2018 foi Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o Equipo de Dinamización sumouse á iniciativa poñendo valor a riqueza patrimonial da Mariña, desta vez a Central, posto que a Occidental e Oriental foron traballadas no calendario 2018. Son 13 as fotografías escollidas entre moitas que se fixeron a raíz dunha saída educativa pola Mariña Central.
Esperamos que vos guste e vexades como "A Mariña ten historia" e moita. 
Esta mañá o alumnado de 4º ESO foi polas aulas a explicar o seu traballo e a entregar un marcapáxina a cada alumno do centro. Ao profesorado déuselles un calendario de sobre mesa.  
 
Accede as fotografías aquí.

Chegaron os calendarios 2019 do EDLG

Que si. Por fin chegaron os calendarios 2019 do EDLG.
O apalpador deixounos ao pé da cheminea. O alumnado de 4° ESO TIC que os fixo pasará polas aulas a repartirlos. Gran traballo que recompila a historia local.
#TraballoEnEquipo #EDLG #AMariñaTenHistoria
 
 
 

Entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal 2018

Acto de entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal convocado polo Equipo de Dinamización e a Biblioteca en colaboración co departamento de Plástica.
 
Esta mañá o director felicitou os gañadores do certame e entregoulles un diploma así como un pequeno premio en metálico. Estivo acompañado por Miruca Parga, coordinadora do EDLG, e por Teresa Rodríguez, profe de debuxo.
  • Roi González Quelle acadou o 1° premio. O seu debuxo representará a felicitación oficial do centro.
  • Izán Domínguez Soto ten o 2° premio.

Parabéns !!!

 

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero

Esta mañá tivo lugar o Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero sumándonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
 
O acto foi conducido por Carla Fra, alumna de 1º de Bach. Lembrou que o vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data para denunciar a violencia que se exerce sobre as mullleres en todo o mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. En nome dos seus compañeiros manifestou a súa repulsa contra calquera acto de violencia machista, que a día de hoxe, en pleno século XXI, aínda se produce na nosa sociedade.
Miguel Fernández foi o encargado de ler o seu Manifesto. Despois da lectura doutro texto feita por Raisa e Cristián de 1º de Bach, o alumnado de 3º de ESO cantou un rap "Non significa NON". Despois desta pausa musical, Álvaro Fernández e Alejandro Fernández de 2º de ESO, Manuel Paz e Iván Pernas de 1º de Bach. leron cada un os seus relatos que nos axudaron a reflexionar un pouco máis sobre este tema.
Para clausurar o acto o alumnado de 3º de ESO cantaron e bailaron a canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. 
E finalmente pechouse o acto posando para unha foto con toda a comunidade educativa do centro e dicindo ben alto o Perdouro Respecta.
Contamos cunha pancarta co noso lema Perdouro Respecta feita en Plástica polo alumnado de 3º de ESO. Agradecemos a Laura Pernas a súa participación ao piano así como o dpto de Electrónica por encargarse da megafonía.  
 

Anunciando o acto do 25 N

Alumnas de 2º de Bach foron esta mañá por todas as aulas para anunciar que mañá, xoves, día 22 de novembro temos programado no recreo un acto  conmemorativo do 25 N. Elas trataron de sensiblizar os seus compañeiros na necesidade de respaldar esta importante mobilización.
Accede ás fotografías aquí.

Perdouro Respecta

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero no IES Perdouro. Sumámonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
Será o xoves 22 ás 11h. no recreo. Abrirase o acto coa lectura duns textos redactados por un grupo de alumnos/as. A continuación alumnos/as de 3º ESO van versionar un rap "Non significa NON". Tamén cantarán unha canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. Se te animas, podes unirte a cantar o retrouso con nós. Para clausurar o acto faremos unha foto de grupo coa máxima participación da comunidade educativa do centro. A cor negra será a protagonista.

Vémonos o 22 ás 11h vestid@s de negro.

#BurelaEnNegro#PerdouroEnNegro#ContraAsViolencias

Axenda Cultural

AXENDA CULTURAL


Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

 

Mes da ciencia en galego - Obradoiro

Con motivo do mes da ciencia en galego, o EDLG contou coa axuda dun equipo interdisciplinar de profesoras  (Física, Bioloxía e Ciencias Sociais). O proxecto deste ano ía destinado ao alumnado de 2º de ESO, 3º PMAR e 4º de ESO Aplicadas e consistiría nun obradoiro de resolución de fenómenos relacionados coa flotabilidade. A finalidade desta actividade que se desenvolveu no laboratorio de Bioloxía é fomentar nas rapazas e rapaces o desenrolo de habilidades cognitivas, pensamento crítico, concentración, aprendizaxe continuo e creatividade.
 
En resumiadas contas, pasáronno moi moi ben!  E moitos parabéns a Maribel pola introdución histórica a Arquímedes, e a Ana e Virginia polas dinámicas dos experimentos. Grazas.
 
Accede ao noso albúm de fotografías aquí.

Mes da ciencia en Galego

 
O alumnado de 2º de ESO, 3º PMAR e 4º de ESO Aplicadas será o que teña que resolver unhas cuantas enigmas. Para iso temos preparados uns experimentos no laboratorio para intentar comprender o concepto de flotabilidade.
Deixámosvos unha pista: Arquímides.

A Mariña ten historia II

O xoves 11 de outubro, os alumnos de 4º de ESO de TIC fixemos un roteiro pola Mariña en busca de lugares, construccións ou monumentos antigos que son pouco coñecidos polos habitantes da nosa comarca, co fin de sacar o máximo número posible de fotos. Buscabamos imaxes para elaborar o calendario do centro para o ano 2019.
 
Saímos do Instituto cara ao concello de Trabada. Alí vimos un menhir, datado no Neolítico, coñecido como “O Marco da Pena Verde”. A continuación, visitamos outro lugar do mesmo concello, tamén datado no Neolítico, coñecido como “A mámoa das Pallaregas”. Esta é unha mámoa que tiña soterrado un dolmen que agora sae ao exterior nun conxunto de 4-5 grandes pedras. 

Acto de Presentación da revista Maruxía nº 24

 

Fallo Concursos Os Matos 2018

 

Distribuir contido


by Dr. Radut