O alumnado de 4º ESO acompañados da profesora de Física e química acudiron hoxe á Fundación Barrié a unha actividade de maxia química.Trátase dun espectáculo científico do ciclo A la luz de la ciencia que recolle un conxunto de experienzas relacionadas coa Química para o alumnado . Realízanse unha serie de “trucos de maxia” que en realidade ocultan fascinantes fenómenos químicos. Mediante este espectáculo, iremos coñecendo aspectos relevantes desta sorprendente ciencia chamada química.