Quérote +
- O martes 13 de xaneiro tivo lugar a primeira sesión das tres que cada grupo de 3º da ESO dentro do plan de acción tutorial recibirá por parte do equipo do Quérote +.
- Este programa forma parte dos Plans Proxecta que financia a Xunta de Galicia.
- Os expertos de Quérote + traen ata o noso instituto a oportunidade de reflexionar e compartir ideas sobre os temas da afectividade e sexualidade que contribúen á formación integral do noso alumnado nesa etapa difícil que é a adolescencia.
- Ao remate das charlas, o alumnado elaborará un vídeo da experiencia.