Skip to Content

1º BACHARELATO

CÉLULAS SABROSAS!

 

De novo, as rapazas e rapaces de 2⁰ de bacharelato volveron sorprendernos con modelos relacionados cos contidos. Desta vez, tocoulle ás células.
Doces e sabrosas células.
Canto traballiño!!!!!
De parte de toda a comunidade educativa, GRAZAS, rapazas e rapaces, por ilustrarnos sobre os modelos celulares e adozarnos estas mañás de xaneiro.
Exquisitos!!!!!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

JUAN TALLÓN

O escritor de Rewind ou Obra Maestra encontrábase hoxe na nosa biblioteca con alumnado de 1º BAC para falar do proceso creativo dun escritor. Unha charla ben interesante na que os nosos rapaces e rapazas participaron facendo todo tipo de preguntas.
Grazas, Juan Tallón, polo ben que queres o noso centro. É unha honra.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CASA MUSEO OTERO PEDRAYO

 
O alumnado de 1º BAC Humanidades e STEMBAC visitaba onte a casa de Otero Pedrayo, así coma os arredores, facendo lectura de textos do patriarca das nosas letras.
A visita non puido ser máis bonita e enriquecedora e, a nosa guía, Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Otero Pedrayo, non puido darnos mellor acollida, nin ser máis máis atenta, nin máis amable... Grazas, Patricia, por facernos sentir que a vosa tamén é a nosa casa.
IES Otero Pedrayo- Fundación Otero Pedrayo.
 
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

SEMANA BRANCA do IES OTERO PEDRAYO (1° BAC)

 
Deporte, convivencia, novas experiencias... O alumnado de 1° BAC puido aprender e practicar un dos deportes de inverno por excelencia: o esquí. Tiveron todos os días curso con monitor, práctica libre e un estupendo hotel para repor forzas! Grazas ao Departamento de Educación Física por ofrecerlle ao noso alumnado estas oportunidades. Grazas Pablo. Grazas Anxo
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

SESIÓN REXIONAL DO PARLAMENTO EUROPEO

IES Otero Pedrayo estivo presente na sesión rexional que o European Youth Parliament (Parlamento Europeo da Mocidade) desenvolveu en Ourense a pasada fin de semana. Foron tres días nos que as nosas alumnas formaron parte das delegacións escolares que debateron sobre multitude de temas: Constututional affairs, Agriculture and rural development, Culture and education, Employment and social affairs, Women´s rights and gender equality etc. Todos os debates foron en inglés e cun nivel moi alto. Os nosos parbéns a Celia Paz, Olalla Magide, Patricia Popescu e Eva Espinosa polas súas magníficas intervencións. Orgullo de alumnado

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

Distribuir contido


by Dr. Radut