Skip to Content

3º ESO

8M, VIOLENCIA DE XÉNERO NAS RELACIÓNS DE PARELLA

O pasado luns, dentro da programación polo Día da Muller e no marco do Plan Proxecta+ 2023-2024 "Por 365 días de respecto e igualdade" da Secretaría Xeral da Igualdade, o alumnado de 3º ESO asistíu a unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade, impartida por María Angélica Mercado Torres. A relatora é especialista universitaria en estudos de xénero e políticas de igualdade e leva varios anos colaborando coa Secretaria Xeral de Igualdade en varias accións dirixidas a loita contra a violencia de xénero.
Angélica Mercado falou de como identificar sinais e comportamentos que acaban derivando en relacións tóxicas. Fixo reflexionar ao alumnado sobre a autoestima, o amor, o papel das amizades á hora de apoiar as persoas que se atopan nunha relación deste tipo e de como intentar axudar a saír dela.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

O DRAGÓN DE OURO

O pasado venres, o alumnado de 3º ESO desprazábase ao Teatro Principal para asistir á estrea de "O dragón de ouro", de Sarabela Teatro, unha obra que aborda temas tan actuais como a inmigración ou a prostitución forzada. A obra está baseada no libro do dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, un dos máis representados no mundo, traducido ao galego por primeira vez, baixo a dirección de Anxeles Cuña.
Todo un luxo para o Otero Pedrayo poder asistir á estrea.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MOZAS NA REDE

 
 
Un ano máis e grazas ao Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", o alumnado do IES Otero Pedrayo puido gozar da sempre marabillosa interpretación de Estíbaliz Veiga en "Mozas na rede", unha peza na que a actriz lle dá vida a diferentes rapazas que sufriron Gooming, un problema que, por desgraza, medra día a día na nosa sociedade.
"Mozas na rede" debería ser un espectáculo obrigatorio para a nosa rapazada; é necesario coñecer as diferentes formas de acoso nas redes para así poder recoñecelas e combatelas.
 
IES OTERO PEDRYO. ENSINO PÚBLICO ENSINO DE CALIDADE.

ROTEIRO LITERARIO POR OURENSE.

O alumnado de 3º ESO puido gozar dun paseo urbano para descubrir algúns dos espazos clave do Ourense literario: escritores, artistas, escenarios de novela, xornais... Todo unha ledicia!
Grazas á Concellaría de Educación por ofertarnos esta marabilla de actividade.

 

IES OTERO PEDRAYOL ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut