Skip to Content

1º ESO

VISITA AO MUSEO PEDAGÓXICO DO IES OTERO PEDRAYO DO ALUMANDO DE 1ºESO

Co fin de coñecer e poñer en valor o noso patrimonio, o novo alumnado do Otero Pedrayo (1º ESO e 1º BAC) goza a comezo de curso dunha visita guiada ao noso museo pedagóxico. Esta visita é fundamental para que logo a rapazada respecte, coide e valore o enorme patrimonio que nos foi legado.
Grazas ao departamento de Bioloxía pola organización e desenvolvemento da actividade.
 
 

 

IES OTERO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

PARLAMENTO e XUNTA DE GALICIA 1º ESO

 

A través do programa "Coñece as túas institucións", o alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de facer a visita guiada ao noso Parlamento, póndose , incluso, no papel de parlamentario e saíndo á tribuna a facer as súas propias peticións. A continuación, visitou as dependencias de San Caetano da Xunta de Galicia, onde, neste caso, asumiu o papel de conselleiro e explicou o papel das diferentes consellarías que forman o noso goberno.
 
 

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA DAS AVES

 

Co lema "A saúde das aves é a saúde dos ecosistemas. Se é bo para as aves, é bo para ti", o Otero Pedrayo uniuse hoxe á conmemoración do Día das aves.
O noso alumno de 1º ESO, Guillerme Mioño Pazos, preparou unha estupenda presentación centrada nas aves da nosa contorna e, a continuación, os diferentes grupos de 1º foron saíndo ata o Xardín do Posío para gozar dunha magnífica visita ornitolóxica na que nos explicou diferentes características das aves que viven ao noso carón, fixemos un xogo de búsqueda de niños, démoslle de comer aos paxaros e acabamos colocando unha casa-niño nunha das árbores (casiña feita por el, por certo!).
Grazas a Guille Mioño por unha iniciativa tan bonita, tan traballada e tan necesaria. Orgullosos do noso alumnado.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CAMBADOS- ILLA DE AROUSA

Que ben o pasou onte o alumnado de 1º ESO na súa excursión de fin de curso!
Comezou o día cun obradoiro de marisqueo IMPRESIONANTE, seguiu cun paseo no pavi-tren para coñecer Cambados e, pola tarde, aínda houbo tempo para facer unha ruta curta ou longa polo parque natural do Carreirón, na Illa, e, como non, un bañiño na paradisíaca praia da Lameira. Foi un día 10!
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ASTRONOMÍA

Esta semana, o noso alumnado de 1° ESO puido gozar dunha actividade de astronomía ben interesante. Consistiu nunha pequena charla na Aula da Natureza, observación solar e a ruta das estrelas.
Grazas á Concellaría de Educación do Concello de Ourense por ofrecernos esta oportunidade.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O noso alumnado de 1° da ESO participou hoxe nas V Xornadas de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, visitando e experimentando nos diferentes stands colocados na rúa do Paseo. Esta actividade está enmarcada dentro do Día da Muller e da Nena na Ciencia.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.
Distribuir contido


by Dr. Radut