Baixo este título, Óscar Reverter Gil, doutor en Bioloxía e especialista en Zooloxía mariña, falounos no Otero Pedrayo sobre Biodiversidade; é dicir, sobre a cantidade de especies que habitan nun determinado lugar e momento. Pero, como se chega a coñecer esas especies, que non traen un rótulo que as identifique? Quen as conta e como? Quen lles pon nome? Os taxónomos son os responsables.
Óscar tamén nos falou da necesidade de dominar a lingua para poder dar a coñecer os descubrimentos científicos, da conexión de varias ciencias para avanzar no coñecemento, ou de como a colaboración entre policías, arqueólogos e zoólogos mariños levou a resolver un caso de ánforas roubadas.
Para rematar, o investigador fíxonos reflexionar sobre o mal uso da palabra "gasto" referido á educación ou á investigación. Os cartos adicados a estes conceptos son investimentos no futuro do noso mundo, un mundo que debemos considerar que temos prestado e, polo tanto, na obriga de conservalo.
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.