Volvemos co Premio Anual Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Por segundo ano consecutivo e esperemos que por moitos anos máis, convócase este premio escolar.
A idea é difundir a personalidade de don Ramón entre os máis novos, de xeito que profundicen na vida e obra do escritor.
Queres saber máis? Segue lendo!
Poderá participar calquera estudante ou grupo de estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato, matriculados en calquera centro de Galicia no presente curso académico (2022-2023).
Os traballos deberán estar centrados na vida ou obra de Ramón Otero Pedrayo: pódese analizar unha obra concreta de Don Ramón, "imitar" o seu estilo para unha obra escrita, teatralizar algunha das súas novelas nun pequeno vídeo, realizar un traballo artístico inspirado na figura do Patriarca das Letras Galegas... Podedes sorprender ao xurado
O premio individual consistirá nun ordenador portátil
O premio de grupo consistirá nunha viaxe de estudos dunha xornada de duración, na que se abordarán contidos relacionados coa Xeración Nós e na que participará o grupo-aula gañador e ata tres docentes que colaborasen con este
Ademais, o profesorado, en representación dos centros premiados, recollerá unha colección de libros para a biblioteca do centro e un diploma acreditativo.
O prazo de presentación remata o 20 de febreiro de 2023