No IES Otero Pedrayo, a viaxe a Asturias de 2º da ESO é todo un clásico.
Desde a primeira visita ás Médulas, os nosos rapaces e rapazas gozaron do casco histórico e catedral de León, o Museo de minería de Asturias, Basílica de Covadonga, subida aos Picos de Europa, visita ao Museo do Jurásico, Xixón, Cudillero e remataron coa visita á praia das Catedrais, Fontemiña, Castro de Viladonga e visita de Lugo.
Foron catro días que permanecerán na memoria de todos eles/ todas elas.