Skip to Content

A DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE

No IES Otero Pedrayo non podíamos deixar pasar a oportunidade de ir ver a Castelao a través dunha das súas grandes obras, a máis abraiante e conmovedora de todas: "A derradeira leición do Mestre". A rapazada quedou impresionada ao ver o óleo no que Castelao pinta a Alexandre Bóveda asasinado e a dous alumnos chorando polo seu mestre.

Na exposición "Catelao e Prada. Irmaus" tamén estaban as cinsas mortais de Rodolfo Prada, que cumpren a vontade deste patriota, motor do galeguismo en América: "densansar na paz de Deus na terra onde nacín, cando a democracia e a autonomía sexan realidade". 

Deste xeito, a estreita amizade e a leal colaboración política que mantiveron Castelao e Prada perdura nos séculos.



story | by Dr. Radut