Skip to Content

AVES EN OURENSE

O Departamento de Ciencias do IES Otero Pedrayo é moi activo. Dentro do proxecto "Club de ciencia no Otero Pedrayo", organizou unha charla sumamente interesante sobre as aves en Ourense.

Marcos M. Freán Hernández (delegado en Ourense da Sociedade Galega de Historia Natural) e Isabel Álvarez Balvís (coordinadora da "Sección Antela" da Sociedade Galega de Historia Natural) mostráronnos imaxes e cantos dos paxaros máis común na nosa provincia, transformando o Paraninfo do noso centro nun auténtico bosque.

Foi todo un placer. Moitas grazas aos ponentes.



story | by Dr. Radut