Un ano máis, o alumnado de 1º BAC visitou a Unidade de innovación e simulación da área sanitaria de Ourense. Alí tivo a oportunidade de ver como se traballa con bonecos computerizados que poden simular diversas situacións que se dan en hospitais. Tamén fixeron unha disección e un estudo da anatomía interna dunha rata.
É unha actiivdade xa consolidada no noso centro e que ten grande aceptación entre o alumnado. Un auténtico luxo contar con ela!
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.