Hoxe o alumnado de 1°ESO estivo na grande festa da lingua dos escolares para a provincia e cidade de Ourense, O CORRELINGUA.@correlingua Manifesto e música no Auditorio, paseo pola cidade vella, xogos na Praza Maior e concurso de pancartas. Xeira completa!
Parabéns á organización, longa vida ao CORRELINGUA e, como dicía o lema deste ano DENDE AQUÍ ATA ACOLÁ GALEGO XA!
ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE