Skip to Content

PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN STEMBACH

Hoxe, na Fundación Ramón Otero Pedrayo, o noso alumnado de 2º STEMBACH presentaba dous novos traballos de investigación.
Por un lado, Lucía González Vázquez, titorizada pola profesora do noso centro Elvira Moroño e o profesor da Universidade de Vigo Manuel Forcadela, facía unha defensa brillante do seu traballo "Poesía e xeografía en Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar", na que mesturou novas tecnoloxías (a xeolocalización da toponimia da Bocarribeira) e a literatura.
Por outro lado, Celia Rodríguez Fernández, Nerea Rodríguez Andrade e Lidia Rodríguez Domínguez, titorizadas polo profesor do centro Daniel Lorenzo Valdivieso e a profesora da Universidade de Vigo Susana Reboreda Murillo, presentaron "Otero Pedrayo alumno. Traxectoria no centro que leva o seu nome", un traballo excelente no que revelaron, con respecto á figura de don Ramón, os datos obtidos do vaciado do arquivo do IES Otero Pedrayo (1898-1905). Rematou a exposición, coa entrega de copias de toda esta nova documentación á Fundación.
Dicía o presidente de fundación, D. Eduardo López Pereira, que don Ramón estaría feliz vendo a estas investigadoras mozas na súa casa, falando da súa obra e da súa persoa. Nós non temos ningunha dúbida de que así sería. Grazas á Fundación por acollelas-acollernos nun día tan emocionante como o de hoxe.
E parabéns alumnas, parabéns profesorado titor. Traballo excelente.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut