Charla "Guernica de Picasso. Da arte ao símbolo" (USC)

O día 7 de marzo o alumnado de Bacharelato desfrutou dunha charla sobre a obra de Pablo Picasso. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, inscríbese dentro do Programa A Ponte entre o ensino secundario e a Universidade de Santiago de Compostela. Foi dirixida ao alumnado de Proxectos Artísticos (1º Bacharelato), Historia da Arte e Fundamentos da Arte II (2º Bacharelato). O ponente foi Juan M. Monterroso, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

 

O Guernica de Pablo Piacasso naceu para formar parte do Pavillón Español na Exposición Internacional de París de 1937. Asociado cos bombardeos da aviación alemá sobre a vila vasca, esta charla conseguiu facer unha aproximación á complexa historia da obra, tanto dende un punto de vista artísticos, como simbólico. Tamén se presentaron as diferentes peripecias do cadro ata retornar a España.

 

 

Charla: "Impacto sobre os efectos dos lumes no marisco"

O pasado 24 de febreiro a veterinaria do grupo Amegrove, Antonia González Mao, explicou ao alumnado de 4º ESO os efectos máis prexudiciais dos lumes sobre o marisco, indicando os principais factores que inciden (cinza, fume gases e chuvia), así como os parámetros a ter en conta (osíxeno, turbidez e PH das augas).

 

Por exemplo: cando a cinza chega ao mar, provoca un aumento de turbidez da auga, evitando que a luz chegue ao fondo, o que repercute sobre as algas que realizan a fotosíntese, coa consecuente diminución de osíxeno. Antonia fixo referencia, así mesmo, a posibles medidas para minimizar os efectos negativos dos lumes, partindo da base de que o que sucede a nivel local está interrelacionado co que acontece noutros lugares do mundo. Así, incendios devastadores na Europa continental poden provocar chuvia ácida, por exemplo, nun territorio tan distante como Groenlandia.

 

Esta charla inscribiuse dentro do Plan Proxecta+ "O monte vivo", un proxecto interdisciplinar que coordina o Departamento de Matemáticas.

 

Cadro de admisión

Podes descargalo aquí

Martes 28/02: charla da Escola de Pais (ANPA)

 
 
O martes 28 ás 17:30h charlaremos sobre "estes tres cerebros" e outros temas interesantes para axudarnos a educar e comprender aos nosos fillos.
Esperámoste na aula de Usos Múltiples!
 
 

Convocada a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e instrucións para a súa realización no ano 2023

Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A)

  • O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 6 e o 15 de marzo de 2022
  • Máis información

ANPA: Convocatoria de Asemblea e Escola de Pais

 

O próximo martes 28 de febreiro celebrarase na aula de Usos Múltiples unha Asemblea xeral da ANPA "As Bouzas".

Será ás 16:00h na primeira convocatoria e ás 16:30h na segunda convocatoria. Pódense consultar os puntos da orde do día neste PDF.

 

Ademais, o mesmo día 28 ás 17:30h está programada unha nova charla da Escola de Pais, a cargo de Óscar Páramos, psicólogo da Asociación Avante (Sanxenxo).

 

Animamos a todas as familias a colaborar coa ANPA, que fai un labor imprescindible en beneficio de toda a comunidade educativa.

Semana Branca 2023

Nesta edición, viaxamos a Andorra 70 alumnos e alumnas e 4 docentes, do 14 ao 21 de xaneiro.

A estación de acollida para esquiar e facer snowboard foi Ordino-Arcalís en compañía do IES As Bizocas.

Foto de familia do alumnado do IES Monte da Vila e o IES As Bizocas

 

A experiencia foi moi satisfactoria, o alumnado tivo un comportamento estupendo e desfrutou moitísimo da experiencia, da paisaxe e da interacción social fóra do centro. Tivemos a triste noticia de non poder esquiar o último día por malas condicións meteorolóxicas e entristeceunos moito. 
Ademais, non regresamos con ningún lesionado ou lesionada!

Os rapaces e rapazas puxeron en práctica o aprendido nunha contorna natural idílica


Por favor, que a aventura da Semana Branca non remate nunca!

Concertos didácticos no Auditorio de Galicia (Santiago)

 

 

Os días 2 e 3 de febreiro o alumnado de 2º ESO e 1º Bacharelato (Linguaxe e Práctica Musical) desfrutaron dos concertos didácticos do Auditorio de Galicia en dúas xornadas consecutivas. Organizou a actividade o Departamento de Música.

Nesta ocasión foi dentro do programa Xogo de espellos. Unha ollada a través da música electrónica

 

Preámbulo do concerto

Preámbulo do concerto

 

Javier Otero, pianista e artista experimental, presentou o seu novo  proxecto “Saraiba” para piano e electrónica xunto coa Real Filharmonía de Galicia. Unha aposta pola estética actual, con influencias da natureza e da vida cotiá. Abrir as fiestras para osixenarse e deixarse levar...

 

Real Filharmonía e Javier Otero

No escenario, a Real Filharmonía de Galicia e Javier Otero ao piano

 

 

Xogo de espellos

Mulleres Senlleiras: referentes de Igualdade

 

O noso centro participou no programa “Nin+ nin-, iguais” da Secretaría Xeral de Igualdade. A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

 

Desde mediados de xaneiro puido verse no primeiro andar unha exposición adicada a Mulleres Senlleiras da cultura galega, con carreiras destacadas en todos os campos do saber e do coñecemento:

 

 

 

 

 

Ademais desta interesante exposición, o pasado 20 de xaneiro o alumnado de 4º da ESO tivo o privilexio de recibir a visita da catedrática de Farmacia da USC María José Alonso Fernández, Premio María Josefa Wonenburguer 2013, para escoitala falar sobre a súa experiencia como muller no eido académico e científico.

 

 

 

 

 

Distribuir contido