23 de abril. Día do Libro
Cartel de Iñaki Méndez (2º Bach. A)
O venres 21 de abril, conmemorando o día do libro, presentouse o libro, editado por Iñaki Méndez, coas obras literarias e artísticas do V Festival Montenegro.
Podedes ver as fotos do acto no blog da Biblioteca.
Parabéns ao alumnado participante, e ao Equipo da Biblioteca!
Saída a Lourizán e Bueu (1º ESO)
O pasado venres 14 de abril o alumnado de 1º ESO puido participar nunha visita guiada ao xardín botánico de Lourizán, onde coñeceron a historia do Pazo e a historia de Euxenio Montero Ríos e puideron visitar os talleres e as instalacións da Escola de Capataces Forestais.
Posteriormente, disfrutaron da paisaxe da ría de Pontevedra de camiño a a Bueu onde, nunha pequena parada, puideron pasear pola Praza Massó, a praia e a contorna do Estaleiro de Purro, antes de dirixirse a Meiro, para coñecer a ruta dos Muíños, con motivo da XXIII Festa do Millo Corvo e presenciar unha muiñada.
A experiencia, que se enmarca no programa “O Monte Vivo” (Plan Proxecta + da Xunta de Galicia), foi satisfactoria, como reflicten as palabras da alumna Sara Álvarez:
O Monte Vivo
Canto sabes dos incendios forestais? Ponte a proba!
LUGAR E SEDE ONDE SE VAN A REALIZAR AS PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DO ALUMNADO DO IES MONTE DA VILA.
Nas seguintes ligazóns atoparedes o lugar e sede onde se van realizar as probas de acceso a grao medio e grao superior do alumnado do IES Monte da Vila.
Grao superior
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10038
Grao medio
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10075
Recoméndase ler as instrucións que figuran nesta ligazón:
Charla: "Entre lumes e apelidos anda o conto" (1º BAC.)
O pasado mércores 19 de abril, o alumnado de1º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “Entre lumes e apelidos anda o conto”, impartida por Mª José Ginzo,investigadora da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falouse da aplicación das matemáticas na loita contra os lumes forestais e no estudo estatístico da distribución de apelidos por zonas xeográficas.
Charla da ANPA: "Tecnoloxías, educación sexual e igualdade"
O próximo martes 25 de abril terá lugar un encontro con Óscar Páramos, psicólogo especializado en adolescencia, sobre as novas tecnoloxías e a igualdade de xénero.
Estades todas/os convidados!
Alumnos do Centro Monte da Vila comezan unha nova experiencia de estudos en Italia durante dous meses
Grazas ó programa Erasmus+ os nosos alumnos de ciclo básico de Informática comezaronodomingo 9 de abril unha experiencia académica persoal e profesional no estranxeiro. Dende Italia (Pescara) nos irán contando a sua experiencia. Van a ser os nosos embaixadores do Centro Monte da Vila en Italia durante dous meses. Vos desexamos o mellor nesta gran aventura!
Convocatoria Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (AXUDASLE)
No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazo
1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión. Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.
Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela
Charla: "As matemáticas do século XXI" (USC)
O pasado luns 13 de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “As matemáticas do século XXI”, impartida por Enrique Macías, catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falou dalgunhas das aplicacións máis recentes das matemáticas en diversos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía.
Charla: "A rede galáctica. Unha historia de internet" (USC)
O pasado luns 13 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “A rede galáctica: unha historia de internet”, impartida por Enrique Macías, catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falou da orixe e desenvolvemento de internet.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »