Charla: "A rede galáctica. Unha historia de internet" (USC)
O pasado luns 13 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “A rede galáctica: unha historia de internet”, impartida por Enrique Macías, catedrático da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago. Nela falou da orixe e desenvolvemento de internet.
Charla: Matemáticas de moitas revolucións (UVigo)
O pasado xoves 16 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato con materias de matemáticas asistiu á charla “Matemáticas de moitas revolucións”, impartida por Carlos Mosquera, catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Nela falouse dalgunhas das máis actuais aplicacións das matemáticas.
Visita ao Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
O pasado día 13 de xaneiro de 2023, o alumnado de 1ºBac que cursa Bioloxía no IES Monte da Vila, visitamos por primeira vez o Centro de investigacións científicas avanzadas (CICA). En primeiro lugar, asistimos a unha charla de presentación, impartida polo director do centro, na que este nos presentou de maneira clara e sinxela os integrantes do centro e ao que se adicaban. De seguido, dividímonos en tres grupos e estivemos de maneira repartida en tres diferentes departamentos. No noso caso, a primeira actividade que realizamos, foi unha explicación sobre o impacto do cancro de próstata, no caso dos homes, e de ovario, no caso das mulleres, ademais de amosarnos os avances e investigacións que se estaban a facer para intentar mellorar a calidade de vida dos pacientes que padecen esta enfermidade. Nese mesmo departamento, ensináronnos os diferentes métodos para facer as probas COVID e as máquinas que usaban. A continuación, dirixímonos ao laboratorio de química onde dous estudantes moi agradábeis, que estaban rematando o seu doutoramento, explicáronnos a formación dos nanocontenedores e propuxéronnos un xogo que mantivo a nosa atención, onde tiñamos que adiviñar a cor do cloroformo se lle engadían diferentes produtos. Finalmente, acudimos a outro laboratorio máis pequeno onde nos amosaron o crecemento e comercialización das algas. A maiores, coñecemos as máquinas que usaban no laboratorio e o funcionamento das mesmas. Na nosa opinión, despois de visitar o centro, chegamos á conclusión de que é unha actividade moi recomendable para os institutos, xa que o alumnado aprende moito de xeito dinámico, o que fai que esteamos atentos e amosemos interese na actividade. Recomendámosvos moito ir ao CICA!!
Reseña de Valeria Chaves e Sara González (1ºBAC-B)
Escola de Pais e Nais: charla, Martes 28
O próximo martes 28 de marzo pola tarde a Anpa "As Bouzas" organiza un encontro con Óscar Páramo, psicólogo especializado en adolescencia:
VI Festival Montenegro de Arte e Novela Negra: así foi!
No blog do VI Festival Montenegro xa podedes atopar as fotos, vídeos e reseñas desta edición.
Parabéns ao Equipo da Biblioteca e ao alumnado participante!
Canguro Matemático
O pasado xoves 16 de marzo, un grupo de 33 alumnos/as do centro enfrontouse aos retos propostos no Concurso Canguro Matemático, continuando así unha longa tradición de participación do noso centro nestas convocatorias. A proba estaba organizada por niveis segundo o curso e contiña 30 cuestións que debían resolverse nun máximo de 75 minutos.
Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24
O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
I Olimpiada Nacional de Teleco: Resolviendo retos da sociedade
Unha iniciativa colaborativa de 20 escolas de enxeñaría de telecomunicación e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, está a promover a enxeñaría de telecomunicación e o seu impacto nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, concretamente no ODS 11: Cidades e Comunidades Sostibles. A enxeñaría de telecomunicación ten un papel fundamental na construción de cidades intelixentes e sostibles, permitindo unha mellor xestión dos recursos, a redución do consumo de enerxía e fomentando a mobilidade sostible. Esta iniciativa é unha oportunidade para concienciar á sociedade sobre a importancia da enxeñaría de telecomunicación na construción dun futuro sostible.
Un grupo de estudantes de SMR1 está participando na Olimpíada de Telecomunicacións. O día 7 de marzo, estiveron na Escola de Telecomunicacións de Vigo para a presentación do evento e para realizar cursos que os axudarán a prepararse mellor para o desafío que teñen por diante. A presenza destes rapaces na Escola de Telecomunicacións de Vigo demostra o seu interese polo mundo das telecomunicacións e a súa dedicación para mellorar as súas habilidades. Estes cursos bríndanlles a oportunidade de adquirir coñecementos prácticos e teóricos que os axudarán na competición e, no futuro, na súa carreira profesional.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »