Erasmus+
Ábrese o proceso de inscrición para a participación no programa Erasmus + do curso 2022-2023 do IES Monte da Vila. As prazas dispoñibles son as seguintes:
- 4 prazas para alumnado do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, para realizar unha estadía de 100 días en un dos seguintes destinos:
- Irlanda (Dublín /Cork)
- Grecia (Atenas)
- Bulgaria
- Italia (Pescara/Palermo)
- Malta
- Polonia (Cracovia)
- Alemania
- Francia (Niza)
- Holanda (Róterdam)
- Portugal
- 2 prazas para o alumnado do ciclo de FPB de Informática de Oficina, para realizar unha estadía nos mesmos destinos.
Deberán entregarse as solicitudes no prazo de 5 días laborais, a contar a partir do día 16 de xaneiro de 2023, luns. A partir da finalización deste prazo, comezará o proceso de selección. Publicarase nesta páxina en vindeiras datas a listaxe de persoas seleccionadas e a orde correspondente na listaxe de espera das persoas non seleccionadas.
Os criterios de selección indícanse a continuación:
- Expediente académico (30 %)
- Coñecemento de idiomas (30 %)
- Méritos (10 %)
- Entrevista persoal (20 %)
- Interese polo programa Erasmus (10%)
En caso de empate, os criterios de desempate serán, por esta orde:
- A maior puntuación no expediente
- A maior puntuación en formación de idiomas
En caso de continuar empatados, o desempate determinarase por sorteo.
Baremo
1) EXPEDIENTE ACADÉMICO (30 %)
Valorarase ata un máximo de 3 puntos, calculando a media aritmética das cualificacións obtidas nas materias do ciclo formativo de grado medio.
- De 6 a 6,99. Aprobado. 1 punto.
- De 7 a 8,99. Notable. 2 puntos.
- De 9 a 10 Sobresaliente. 3 puntos.
Non se terán en conta as cualificacións convalidadas.
2. COÑECEMENTOS DE IDIOMAS (30 %)
2.1. Certificados de nivel do idioma do país de destino (ou inglés no seu defecto, por exemplo no caso de Grecia). Por certificado oficial da Escola Oficial de Idiomas ou un equivalente legalmente homologado. Sumarán ata un máximo de 3 puntos.
- A1: 1 punto.
- A2: 1,5 puntos.
- B1: 2 puntos.
- B2: 2,5 puntos.
- C1 o C2: 3 puntos.
Sen certificado oficial: realización dunha proba de nivel (escrito + oral), ata un máximo de 1 punto.
2.2. Baremo dun segundo idioma
Valorarase o coñecemento de outro idioma cun nivel mínimo de A2 e coa acreditación dun certificado oficial, da mesma forma que para un idioma vehicular do país de destino (ou inglés no seu defecto), ata un máximo de 1 punto:
- A2: 0,5 puntos
- B1, B2, C1, C2.: 1 punto
A puntuación máxima que pode obterse neste apartado é de 3 puntos.
3. MÉRITOS (10 %)
Valorarase con 0,5 puntos cada título de formación profesional de grado medio diferente ao que da acceso á mobilidade, ata un máximo de 1 punto, en caso de FP Básica este punto non é aplicable.
4. ENTREVISTA PERSOAL (20 %)
Habilidades persoais e sociais suficientes para desenvolverse en contornas distintas das habituais. Valorarase a participación en programas de voluntariado.
5) INTERESE POLO PROGRAMA ERASMUS (10%)
Proba de coñecemento do programa Erasmus e de toda a información que recibiu na fase previa a este proceso selectivo.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023
Xúntase a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
Prazos de inscrición:
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
Máis información:
CHARLA CON TANIA ÁLVAREZ YATES
Tania, piragüista, graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e recente campioa do mundo do mundo en K2 na modalidade de maratón, conversa co alumnado de 2º de Bacharelato sobre como a súa organización diaria contribúe a lograr pequenos e grandes obxectivos coa finalidade de transmitirlle á rapazada o importante da organización, traballo diario e constancia no etapa de bacharelato.
Tamén lle dou consellos e dos erros que adoita a cometer.
Foi moi cercana, poñendo de exemplo a familia e o Clube Breogán do Grove como eixos importantes na súa traxectoria vital.
Un castiñeiro no Monte da Vila
O 10 de novembro o noso instituto celebrou o Magosto. Coma todos os anos, houbo castañas, chouripán, karaoke, Just Dance e diferentes competicións deportivas. Ademais, este ano tivemos a sorte de contar cunha exhibición de xadrez, grazas á colaboración da Escola de Xadrez “Cum Laude” do Grove.
Agradecémoslle á ANPA a súa axuda constante e imprescindible, que fixo posible que toda a comunidade educativa puidera desfrutar dunha xornada tan completa. A colaboración dos departamentos de Debuxo e Educación Física tamén foi vital nesta xornada.
Ademais, no marco do Plan Proxecta+, “O Monte vivo”, considerouse que o noso Monte da Vila ben merecía un castiñeiro durante a tradicional celebración do magosto. Así, coordinados por Claudio (conserxe do centro) e coa axuda de Iago (xefe do Dpto. de Educación Física), unha rapaza e varios dos seus compañeiros, maioritariamente de 2º ESO, colleron o sacho e, baixo a mirada dun cámara moi especial (Iñaki, de 2º Bacharelato artístico) plantaron “a súa árbore”. Deste xeito se referiu Claudio ao castiñeiro, implicando á rapazada no seu coidado para que nun futuro “os vosos fillos, cando veñan ao instituto, coman as castañas da árbore que plantastes vós”.
O alumnado participante amosou entusiasmo e escoitou seriamente as palabras finais de Claudio, aínda que, coma sempre, houbo quen non renunciou a un toque de humor: “¿e se non teñen fillos?”.
Proxecta+ “O monte vivo”.
Podedes ver os vídeos de Iñaki na seguinte ligazón.
Roteiro Castelao e visita ao Museo de Pontevedra (2º ESO)
O 23 de novembro o alumnado de 2º ESO realizou unha saída a Pontevedra, organizada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá.
Durante a xornada, pasearon pola cidade seguindo os pasos da vida de Castelao, nun roteiro literario. Tamén desfrutaron dunha visita guiada pola Sala castelao do Museo de Pontevedra, para achegarse á obra gráfica deste autor.
25N, Contra a Violencia de Xénero
O pasado día 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller.
No noso centro inspirámonos nas instalacións reivindicativas da artista mexicana Elina Chauvet para denunciar a violencia exercida contra as mulleres. Para Chauvet, cada par de zapatos vermellos simboliza unha vítima de feminicidio.
Coas aportacións dos membros da comunidade educativa, montamos a nosa propia instalación na entrada do centro, coa finalidade de concienciar e educar sobre este problema social:
Ademais, o alumnado de 1º Bacharelato da modalidade de Artes elaborou un mural para o segundo andar do instituto:
Samaín 2022
No IES Monte da Vila a celebración do Samaín comezou co II Certame de Microrrelatos, dentro do VI Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Nesta ocasión os participantes escribiron microrrelatos de terror, que podes ler aquí.
Queda moi pouco para coñecer aos gañadores/as do concurso!
Ademais, o venres 28 de outubro o Equipo da Biblioteca organizou unha lectura colectiva dos relatos participantes. No blog da Biblioteca podes comprobar o medo que pasamos...
E tamén houbo un concurso de decoración de portas de aulas!
Xornada sobre o patrimonio do Grove: Adro Vello (19/11/22)
O próximo 19 de novembro terá lugar na Casa da Cultura Lueiro Rey unha xornada sobre o patrimonio histórico e arqueolóxico do Grove, arredor do xacemento de Adro Vello.
O encontro contará coa presenza de antropólogos, historiadores e conservadores, e está organizado por institucións coma a Universidade de Vigo, o Concello do Grove e a Asociación Cultural Barlovento.
Pódese atopar máis información na seguinte ligazón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »