Saída a Lourizán e Bueu (1º ESO)

 

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 1º ESO puido participar nunha visita guiada ao xardín botánico de Lourizán, onde coñeceron a historia do Pazo e a historia de Euxenio Montero Ríos e puideron visitar os talleres e as instalacións da Escola de Capataces Forestais.


Posteriormente, disfrutaron da paisaxe da ría de Pontevedra de camiño a a Bueu onde, nunha pequena parada, puideron pasear pola Praza Massó, a praia e a contorna do Estaleiro de Purro, antes de dirixirse a Meiro, para coñecer a ruta dos Muíños, con motivo da XXIII Festa do Millo Corvo e presenciar unha muiñada.

 

A experiencia, que se enmarca no programa “O Monte Vivo” (Plan Proxecta + da Xunta de Galicia), foi satisfactoria, como reflicten as palabras da alumna Sara Álvarez:

Na nosa excursión ao Pazo de Lourizán visitamos lugares da finca-xardín como a cova dos espellos ou unha fonte, e coñecemos a orixe dunha mesa na que comía o dono cos seus convidados. Logo, en Bueu, asistimos á preparación da Festa do Millo Corvo, onde nos explicaron como utilizar follas de millo para crear cestas, e nos ensinaron a facer fariña (muiñada). Isto último foi o que máis me gustou, xa que me pareceu moi interesante.
 
 
O Faro de Vigo fíxose eco da Festa e da participación do alumnado: a noticia pode lerse aquí.