25 N: contra a violencia de xénero

O verdadeiro venres negro foi este 24 de novembro, día no que todo o centro vestiuse de negro para manifestarse contra a violencia de xénero (día oficial: sábado 25 de novembro). Durante esa semana leváronse a cabo diferentes actividades, principalmente dende as titorías con trípticos, vídeos e obradoiros facilitados dende Orientación, con murais e carteis reivindicativos promovidos polos diferentes docentes e polo departamento de Pástica. Ademais, repartíronse pulseiras e folletos para os alumnos e alumnas.

 

 

 

APUNTÁMONOS A NON BEBER I

Dentro do Plan Proxecta e dirixido pola Consellería de Sanidade, fomos seleccionados para estar no programa “Apuntámonos a non beber”. É un programa educativo dirixido a nenos e nenas de idades comprendiadas entre os 11 e 14 anos de idade, etapa na que se da o contacto inicial coas bebidas alcohólicas.
Apuntámonos a non beber, consiste en desenvolver un proxecto relacionado coa prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas en persoas menores de idade.

Nesta primeira visita tivemos o gran pracer de contar con persoal sanitario moi cualificado neste tema, Silvia, Cristina e Teresa (enfermeira, farmacéutica e psicóloga) e dotáronnos de información moi importante para sementar o que o alcohol e as bebidas enerxéticas prexudican a nosa saúde.

 

CROS ESCOLAR 23 -24

Como cada ano, non podíamos faltar á cita co cros escolar, organizado polo Servizo Provincial de Deportes e o Concello de Sanxenxo. Despois de máis de un mes de chuvia, chegamos a Montalvo cunha mañá estupenda e coas Ons ao fondo para desfrutar de deporte e paisaxe. A participación do noso alumnado deu moi bos resultados pero a caída dunha alumna a piques de entrar en meta en primeira posición deixounos tristes durante uns momentos. Aínda que non abandoou a competición, logrou entrar coxeando en 2ª posición. O comportamento foi exemplar e con gañas de repetir.

 

REGUEIFAS

O equipo de normalización e dinamización lingüística xunto co departamento de Orientación organizaron no centro un obradoiro para os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, no cal se promove o emprego da lingua galega e se visualiza a desigualdade entre homes e mulleres mediante as regueifas. A poñente, moi elocuente e dinámica, realizou varias regueifas en galego e posteriormente foron os estudantes quenes elaboraron as súas. Tamén asistiron a Subdelegación de Igualdade do goberno e o alcalde do Grove.

    

 

    

 

Charlas sobre o ACOSO ESCOLAR

Esta semana, dende o 14 ao 17 de novembro, o psicólogo Óscar Páramo dará unhas charlas sobre a prevención do acoso escolar aos estudantes de 1º e 2º de ESO. Ademáis, o martes 14 pola tarde estará no centro para dirixirse ás familias.

1

CONCURSO "PORTAS DO SAMAÍN"

O 31 de outubro, día do Samaín, celebramos no centro o concurso de deseño das portas de aula. Nos días anteriores, cada grupo participou no deseño das súas portas e os gañadores foron.....

 2ºESOA! 

2A

 

 

O resto dos participantes fixérono moi ben e aquí están os seus resultados:

1  2  2  4  5  6  7   8  9  10  11  12

VISITA AO MUSEO BIOMARINE CENTER DE PESCANOVA

Os estudantes de 1º e 3º da ESO visitaron este 27 de outubro o primeiro museo sobre acuicultura do sur de Europa e centro de I+D+I no que se investiga como mellorar a saude, a sostenibilidade e o benestar animal das distintas especies en acuicultura.

Na visita, coñeceron a importancia dos ecosistemas mariños, cales son os seus problemas e como deben evitalos, mergullándose en distintas experiencias tecnolóxicas tales como os hidrófonos de ruidos de animais mariños, gafas de realidade virtual, etc. Observaron, entre outros, un ecosistema acuático inventado pola NASA ou o laboratorio submarino do Biomarine Center.

pescanova 1 pescanova 2

pescanova 3 pescanova 4

Documental “Mestra de escola”

Na xornada do venres 13 de Outubro os dous grupos de 4º da ESO tiveron a oportunidade de ver o documental “Mestra de Escola” dirixida por Alba Prol para, posteriormente, ter un coloquio coa directora. Esta actividade encáixase dentro do programa educativo “Educa Audiovisual”, unha iniciativa da Axencia Galega das industriais culturais (Agadic) contando coa organización de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

Esta actividade permitiu achegar ao alumando a contidos propios da materia de Xeografía e Historia como a importancia das fontes orais para o estudo do pasado así como outros contidos transversais como poden ser a historia de xénero, a importancia da educación e as novas perspectivas da educación. Ademais, a charla coa directora, Alba Prol, permitiu á rapazada a achegarse a un oficio non moi coñecido como son as artes audiovisuais. 

1        2

Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. O CMDC Breogán visita ao noso alumnado de 1º e 2º da ESO

O pasado 28 de setembro, en colaboración cos clubs deportivos do Concello, o Departamento de Educación Física tivo a visita dos grandes deportistas do CMDC Breogán. O histórico clube, que compite na alta competición galega deunos a oportiunidade de coñecer o día a día dos seus campións e campioas: Tono Campus (antigo alumno), Tania Álvarez, David Barreiro e Natalia García.

Como afrontan unhas modalidades de alta esixencia física e mental desde o punto de vista dos deportistas e das deportistas? Que diferencias hai no piragüismo entre as mulleres e os homes? Son xustas? Que historia garda a canoa feminina? A conversa levou aos estudantes de 1º e 2º da ESO á reflexión con grandes palistas e mellores persoas.

 

 Breogan

Distribuir contido