VISITA AO MUSEO BIOMARINE CENTER DE PESCANOVA
Os estudantes de 1º e 3º da ESO visitaron este 27 de outubro o primeiro museo sobre acuicultura do sur de Europa e centro de I+D+I no que se investiga como mellorar a saude, a sostenibilidade e o benestar animal das distintas especies en acuicultura.
Na visita, coñeceron a importancia dos ecosistemas mariños, cales son os seus problemas e como deben evitalos, mergullándose en distintas experiencias tecnolóxicas tales como os hidrófonos de ruidos de animais mariños, gafas de realidade virtual, etc. Observaron, entre outros, un ecosistema acuático inventado pola NASA ou o laboratorio submarino do Biomarine Center.