Investigando un crime
O venres 1 de marzo o alumnado de Bioloxía de 1ºBacharelato viaxou ata A Coruña, concretamente á Domus, para asistir a un taller sobre a investigación dun crime. Resolveron o caso no laboratorio do museo, realizando procedementos básicos e unha serie de técnicas non dispoñibles nos centros educativos como PCR, electroforese ou lámparas ultravioleta. Ao rematar puideron desfrutar das actividades interactivas do museo.
Procedemento admisión para o curso 24/25
Solicitude de Admisión
Prazo: do 1 ao 20 de marzo
Normativa relacionada
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Ligazóns:
Intelixencia artificial de peto
O alumnado de ciclo medio de sistemas microinformáticos e redes (SMR) asistiu o día 20 de febreiro pola tarde a unha charla de divulgación científica titulada “Intelixencia artificial de peto”, impartida por Manuel Vilares Ferro, Catedrático de Universidade na Escola Superior de Enxeñaría Informática.
Nela puideron analizar diferentes perspectivas do concepto de intelixencia artificial fronte a intelixencia natural, e a súa íntima relación coa linguaxe e a comunicación dos seres humanos.
Por último viron a demostración dunha contorna de IA capaz de resolver problemas comunmente asociados ao concepto de «intelixencia».
Publicado o baremo das solicitudes de Erasmus+ 2023-24
Achégase o resultado da avaliación das solicitudes de movilidade Erasmus+ para o curso 2023-24.
A listaxe de seleccionados é:
- Eva María Otero Názara SMR2
- Juan Antonio Rodiño Valladares SMR2
- Ethan Vidal Redondo SMR2
- Brais Triñanes Lois SMR2
- Hugo Dopico Rebollo SMR2
- Iago Prack Agraso FPB2
- Osansi Julián Miniño Zamora FPB2
- Sergio Viñas Rios FPB2
Achégase tamén o pdf do baremo.
ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024
Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunican a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024:
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
http://www.edu.xunta.gal/axudasle
PORTAS ABERTAS
Os vindeiros días luns 19 e martes 20 o centro estará aberto á comunidade educativa polas tardes, de 16:30h a 19:00h, para que as familias poidan ver os traballos e proxectos dos seus fillos e fillas que están expostos polos corredores do centro, tanto na planta baixa como no primeiro andar.
Cambio Climático? Si, pero non porque o diga eu!
O xoves 8 de febreiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre a realidade climática actual para o alumnado de Bioloxía de 4º da ESO e 1ºBacharelato. Armand Hernández Hérnández, investigador da UDC en Paleoclimatoloxía e Cambio Global, estivo, durante dúas sesións, charlando co alumnado e explicándolle como a ciencia demostra que o cambio climático é unha realidade. Para isto fixo unha análise detallada de multitude de datos recollidos polo momento, incluíndo na explicación causas, futuros impactos e metodoloxías científicas que se empregan no mundo científico para realizar este tipo de estudos.
EXPOSICIÓN DE PROXECTOS DE TECNOLOXÍA NO CENTRO
O Departamento de Tecnoloxía expón polos corredores do centro os proxectos que os alumnos e as alumnas de diferentes cursos fixeron neste trimestre:
Charla sobre Doazón e Transplante de Órganos
O luns 29 de xaneiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou unha charla sobre trasplantes e doazón de órganos para o alumnado de Bioloxía de 3º da ESO. Lucas Lage Cendón, Coordinador de Transplantes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, acudiu ao centro con Carlos Sánchez Montes, un paciente trasplantado que relatou a súa experiencia persoal. Durante unha sesión e media explicaron o funcionamento do proceso e a súa importancia, co obxectivo de lograr unha reflexión por parte do alumnado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »