Exposición fotográfica "Libre como os paxaros" de Nicolás Otero
O noso alumno Nicolás Otero Sanmartín expón no corredor do centro a súa exposición fotográfica sobre paxaros: Libre como os paxaros.
Taller de batucada
O 9 de maio tivemos a sorte de ter connosco a Edgar, mestre cubano de percusión que nos ofreceu unha masterclass aos estudantes de 2ºESO e 3ºESO co fin de montar unha batucada.
Edgar pertence ao grupo de músicos de Ecopercusión, proxecto enfocado a formación e execución de grupos de percusión nas escolas tanto de primaria como secundaria.
Claudio, o conserxe do IES Monte da Vila, xúbilase.
O noso querido e carismático conserxe, Claudio Roldán, xubílase. Leticia Castro faille unha reportaxe na Voz de Galicia pola súa importancia nesta comunidade educativa ao longo de moitas xeracións.
Os seus compañeiros/as e antigos/as compañeiros/as de traballo celebraron cunha comida a súa xubilación:
Alumnos do IES Monte da Vila logran o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco.
Os nosos alumnos Marcos Lugaresi e Ismael Pérez, da man do seu profesor Pablo Gallego, lograron o segundo posto nas Olimpiadas de Teleco e publicáronlle un artigo en La Voz de Galicia, escrito por Leticia Castro: "Los alumnos de FP del IES Monte da Vila (O Grove) que cursan en el centro el Ciclo Medio de Sistemas Microelectrónicos e Redes han vuelto a demostrar sus capacidades en un nuevo reto fuera de las aulas. Esta vez la cita era en Vigo, en el campus universitario, donde se celebraban las II Olimpiadas Nacionales de Teleco"
De esquerda a dereita: Marcos Lugaresi e Ismael Pérez.
"Diseñaron un sistema de monitorización de la temperatura de las neveras en las que se guardan vacunas"
Campionato de España de Bateis
Este 28 de abril o batel infantil masculino do Club de Remo Mecos proclamouse campión de España na Pobra do Caramiñal. Moitos deles forman parte do IES Monte da Vila, dos que nos sentimos moi orgullosos. Parabén ao Club pola gran labor que está a facer co noso alumnado.
De esquerda a dereita: Mateo (3º), Anxo (5º), Roi (7º), Carlos (8º) e Breogán (9º).
Real Filharmonía de Galicia “Pleasure Island”
“Non culpes a ninguén” (1956) de Cortázar e “As preocupacións dun pai de familia” (1919) de Kafka atopamos que hai unha presenza que perturba as súas personaxes. En Cortázar, é a percepción do seu puño e letra que, sendo unha prolongación máis do seu corpo, comeza a percibirse de forma ameazante cando o personaxe intenta poñerse un xersei. En Kafka un obxecto vago e indefinido, como “un levantamento de fío plano e en forma de estrela” preocupa a observador. Non é posible definir exactamente cal é ese obxecto, nin para que serve, nin por que se garda nesa casa sen motivo aparente...É isto o que máis preocupa a nosa personaxe? Por que?
A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño” que nos conta as percepcións, os prexuízos, as olladas aparentemente inusuais. Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 2ºESO B e 3ºESO B quenes desfrutaron destas obras musicais no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
PROGRAMA
“Internités” (2022) de Januibe Tejera
“Danzas Concertantes” (1942) de Igor Stravinsky
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Intérpretes e Coreografía: Ariadna Montfort e Estela Merlos. Dirección artística: Ariadna Montfort
Olimpíada matemática
Non foron a París, senón a Pontevedra, pero os nosos olímpicos “suaron a camiseta” resolvendo problemas tamén relacionados co ámbito deportivo: desde calcular a idade dos membros da familia Beckham, ata asesorar a un club de baloncesto feminino sobre a mellor fichaxe, en base aos resultados de dúas candidatas nos seus últimos encontros. Niko Laguna e Roi Rey (alumnos de 2º ESO A), xunto con Martina Castro e Lorena Gulhote (de 2º ESO B), do IES Monte da Vila, participaron xunto con outros estudantes dun total de vinte centros de Pontevedra na fase de zona da olimpíada galega de Matemáticas.
Desde o noso centro animamos ao alumnado que está a cursar 1º ESO actualmente a inscribirse o vindeiro ano nesta actividade, na que mesmo poderán pasar como finalistas á fase galega, ou, se son auténticos campións, aspirar a competir na fase española.
De esquerda a dereita: Roi, Niko, Lorena e Martina.
Revolución dos cravos
O 25 de abril conmemoramos a revolución dos cravos, o levantamento portugués que no 25 de abril de 1974 poría fin á dictadura de medio século e que se caracterizou pola marcha dos militares cos carabeis (cravos en portugués). Os alumnos e alumnas cantaron as letras nun carabel diseñado polo equipo de dinamización lingüística e o departamento de lingua galega.
Visita aos centros de FP: CIFP Xunqueira e CIFP Fontecarmoa
Os alumnos e alumnas de 4ºESO e 1ºFPB visitaron os centros integrados de formación profesional en Pontevedra (CIFP Xunqueira) e en Vilagarcía de Arousa (CIFP Fontecarmoa). Ensinaron as instalacións dos diferentes ciclos de grao medio e superior, da súa oferta académica:
Ciclos de grao básico
- Electricidade e electrónica
- Carpintaría e moble
- Mantemento de embarcacións deportivas e de recreo
Ciclos de grao medio
- Instalacións de telecomunicacións
- Carpintaría e moble
- Atención a persoas en situación de dependencia
- Carrozaría
- Electromecánica de vehículos automóbiles
Ciclos de grao superior
- Sistemas de telecomunicacións e informáticos
- Mantemento electrónico
- Deseño e amoblamento
- Educación infantil
Cursos de especialización de grao superior
- Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos
FP Dual Grao medio
- Carpintaría e moble e oferta parcial de Deseño e amoblamento
- Electromecánica de vehículos automóbiles
Conta coas seguintes familias profesionais nas diferentes modalidades presencial, a distancia e dual:
Familias profesionais
La casa de Bernarda Alba
O pasado xoves 11 de abril o alumnado de 4º de ESO asistiu á representación teatral de La casa de Bernarda Alba no Auditorio de Vilagarcía de Arousa. Foi una sesión matinal moi didáctica para os nosos rapaces e rapazas, pois tiveron a sorte de poder ver sobre o escenario a obra de Federico García Lorca que xa leran na aula. Foi, ademais, unha actividade entretida xa que despois da representación tiveron a oportunidade de charlar coas actrices sobre varios temas relacionados con esta peza teatral fundamental do século XX. A actividade estivo organizada polo departamento de Lingua castelá e Literatura e as profesoras que acompañaron ao noso alumnado foron Loló, Ana G. e Tere. Sen dúbida, unha saída que ben merece ser repetida en vindeiros cursos.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »