Olimpíada matemática

Non foron a París, senón a Pontevedra, pero os nosos olímpicos “suaron a camiseta” resolvendo problemas tamén relacionados co ámbito deportivo: desde calcular a idade dos membros da familia Beckham, ata asesorar a un club de baloncesto feminino sobre a mellor fichaxe, en base aos resultados de dúas candidatas nos seus últimos encontros. Niko Laguna e Roi Rey (alumnos de 2º ESO A), xunto con Martina Castro e Lorena Gulhote (de 2º ESO B), do IES Monte da Vila, participaron xunto con outros estudantes dun total de vinte centros de Pontevedra na fase de zona da olimpíada galega de Matemáticas.

Desde o noso centro animamos ao alumnado que está a cursar 1º ESO actualmente a inscribirse o vindeiro ano nesta actividade, na que mesmo poderán pasar como finalistas á fase galega, ou, se son auténticos campións, aspirar a competir na fase española.

De esquerda a dereita: Roi, Niko, Lorena e Martina.

AdxuntoTamaño
foto1.jpg3.72 MB