Charla: "Impacto sobre os efectos dos lumes no marisco"

O pasado 24 de febreiro a veterinaria do grupo Amegrove, Antonia González Mao, explicou ao alumnado de 4º ESO os efectos máis prexudiciais dos lumes sobre o marisco, indicando os principais factores que inciden (cinza, fume gases e chuvia), así como os parámetros a ter en conta (osíxeno, turbidez e PH das augas).

 

Por exemplo: cando a cinza chega ao mar, provoca un aumento de turbidez da auga, evitando que a luz chegue ao fondo, o que repercute sobre as algas que realizan a fotosíntese, coa consecuente diminución de osíxeno. Antonia fixo referencia, así mesmo, a posibles medidas para minimizar os efectos negativos dos lumes, partindo da base de que o que sucede a nivel local está interrelacionado co que acontece noutros lugares do mundo. Así, incendios devastadores na Europa continental poden provocar chuvia ácida, por exemplo, nun territorio tan distante como Groenlandia.

 

Esta charla inscribiuse dentro do Plan Proxecta+ "O monte vivo", un proxecto interdisciplinar que coordina o Departamento de Matemáticas.