Charla "Guernica de Picasso. Da arte ao símbolo" (USC)

O día 7 de marzo o alumnado de Bacharelato desfrutou dunha charla sobre a obra de Pablo Picasso. A actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, inscríbese dentro do Programa A Ponte entre o ensino secundario e a Universidade de Santiago de Compostela. Foi dirixida ao alumnado de Proxectos Artísticos (1º Bacharelato), Historia da Arte e Fundamentos da Arte II (2º Bacharelato). O ponente foi Juan M. Monterroso, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

 

O Guernica de Pablo Piacasso naceu para formar parte do Pavillón Español na Exposición Internacional de París de 1937. Asociado cos bombardeos da aviación alemá sobre a vila vasca, esta charla conseguiu facer unha aproximación á complexa historia da obra, tanto dende un punto de vista artísticos, como simbólico. Tamén se presentaron as diferentes peripecias do cadro ata retornar a España.