Erasmus +

Movilidad de estudiantes y persoal de Formación Profesional (KA102) 2015

Proxecto KA102 de "Movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional" 2015

 

Xuño 2015- O IES Monte Castelo participa nun proxecto europeo dentro do Programa Erasmus + na convocatoria 2015. Dentro da acción clave 1 de "Movilidad de estudiantes y personal de Formación Profesional" (KA102). O número do proxecto é: 2015-1-ES01-KA102-015186.

Neste proxecto 10 alumnos de Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría realizarán unha estancia de formación en empresas dun país estranxeiro (Italia)

 O alumnado realizará as prácticas formativas en Potenza (Italia) durante o mes de novembro en diferentes empresas coa colaboración do socio italiano IREFORR.

 Os participantes no proxecto están asisitindo a clases de italiano durante o mes de outubro para ter unhos coñecementos básicos do idioma italiano que faciliten o seu traballo e integración no país.

 

 Martes 20 de outubro- Os participantes realizaron unha videoconferencia por skype con Manuela D'Andrea, titora da empresa italiana IREFORR, para concretar os detalles da estancia antes da súa viaxe a Potenza.

   

  As participantes no proxecto colleron o avión rumbo a Italia para comezar a estancia dun mes en Potenza. Boa viaxe!!

 Durante a súa estancia en Potenza os/as participantes visitaron o Hospital San Carlo xunto coa súa tutora italiana Manuela D´Andrea.

11 de decembro.- Os/as participantes asisitiron a unha reunión no centro á volta da súa estancia en Italia.

 

 

Proxecto Erasmus + “LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE”

Proxecto Erasmus + “LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE” con Turquía

Do 25 ao 29 de maio de 2015 seis profesores de Turquía visitaron o noso centro dentro do seu proxecto Erasmus + KA102 chamado "LIFELONG INNOVATIVE GUIDANCE" con nº 2014-1-TR01-KA102-002324. O IES Monte Castelo actúa como centro colaborador do proxecto.

 Durante estos días visitaron centros educativos da Mariña como o IES María Sarmiento de Viveiro e o IES de Foz para comparar a formación do noso país coa de Turquía. O seu proxecto consiste en ter unha visión das institucións, analizar os métodos de traballo e os programas educativos e  currículum, analizar estrategias de formación profesional, orientación profesional,......

 Tamén visitaron a cidade de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 


 

Movilidad de estudiantes y personal de Educación Superior ( KA103) 2014

Erasmus+  "Movilidad de estudiantes y personal de  Educación Superior" ( KA103) 2014

O IES Monte Castelo participa nun proxecto europeo dentro do Programa Erasmus + na convocatoria 2014. Dentro da acción clave 1 de "Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje"  participamos no tipo de acción "Movilidad de estudiantes y personal de Educación Escolar" (KA103). O número do proxecto é: 2014-1-ES01-KA103-000423

Neste proxecto alumnos de Ciclo superior realizarán 2 meses de formación nun país estranxeiro.

 

O IES Monte Castelo publica na prensa a oferta de 5 becas Erasmus para alumnos formación profesional de grado superior:

      

                                

 

 

Xaneiro 2015- Reunido o equipo docente do Ciclo superior de Animación de Actividades Físicas e deportivas para determinar a orde de prefereencia dos alumnos que acudirán a Italia a realizar unha parte do módulo de FCT acordase por unanimidade a seguinte orde:

1- Alba Álvarez Baño

2- Cristina Penín Borrageiros

3- Breogán Pazos Iglesias

4- Rocío Vázquez de la Iglesia

5- Rubén Diaz Naseiro

6- Miguel Quintela Miguez

7-Javier Pérez Madariaga

8- David Sierra Castro

 

 Despois disto quedan definitivamente elixidos os 5 primeiros, sendo substituído Rubén por Miguel, que é o seguinte na orde, debido a renuncia do primeiro a participar.

 

Marzo 2015- Os alumnos/as que viaxarán a Potenza (Italia) para realizar as prácticas formativas en empresas italianas do 01/04/2015 ata o 31/05/2015 asisten a unha reunión informativa coa coordinadora do proxecto antes da súa viaxe.

 

 

 

 Os nosos alumnos xa están en Potenza.

 

 

A coordinadora do proxecto do IES Monte Castelo Victoria Pérez e o director do centro Marcelino Luna visitan Potenza e supervisan os centros de traballo onde realizan as prácticas os alumnos que participan neste proxecto.Neste caso foron o ximnasio SSD FABRICA Health Club Arl,  a piscina  ASD SPLASH di Montreale e o centro ASD Accademia CALCIO Potenza.

Ademáis reunironse con Massimo D'Andrea, director de IREFORR (o noso socio italiano) e con Manuela D'Andrea, titora das alumnas durante a súa estancia en Potenza para preparar futuros proxectos de mobilidade de estudantes.

 

 

 

 

 

 

Erasmus + Movilidad de personal de Educación Escolar ( KA101) 2014

Erasmus +" Movilidad de personal de Educación Escolar "( KA101)

O IES Monte Castelo participa nun proxecto europeo dentro do Programa Erasmus + na convocatoria 2014. Dentro da acción clave 1 de "Movilidad de las personas por motivos de aprendizaje"  participamos no tipo de acción "Movilidad de personal de Educación Escolar" (KA101)

O noso proxecto no curso 2014-15 titulase "Plan para la mejora de la calidad en las movilidades de alumnado de larga duración" entre o IES Monte Castelo e o centro checo Gymnazium Praha 10. O número do proyecto é: 2014-1-ES01-KA101-002822

 

 

 Mª Inés García Seijo e Amalia Soto Presas son as docentes que participan neste proxecto. Viaxarán a Praga do 15 ao 25 de febreiro para participar en actividades lectivas, reunións con docentes e actividades complementarias no centro Gymnazium Praha 10 da República Checa.

 

 

 

 

Dentro deste mesmo proxecto, no IES Monte Castelo recibimos a Jindriska Dufkova e Monika Cerná, profesoras procedentes do Gymnazium Praha 10,  que estiveron realizando un periodo de observación profesional no noso centro do 21 de abril ao 5 de maio e comparando o sistema educativo español e o checo.

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria Erasmus +

Marzo 2014-O IES Monte Castelo obtivo a Carta Erasmus 2014-2020- Erasmus Charter for Higher Education 2014-2020 (ECHE) para participar no novo programa Erasmus +

O IES Monte Castelo participará no novo programa ERASMUS +.

 

Ábrese a convocatoria de propostas do novo programa da UE en materia de educación, formación, xuventude e deporte para o período 2014-2020 Erasmus+   http://www.edu.xunta.es/web/node/11339
Distribuir contido