Artes

Clausura da exposición Luz e Cor

Clausura da exposición Luz e Cor

ExpresARTE

O IES Monte Castelo celebra o día do libro cunha performance.O resultado desta actividade foi recopilado en un libro.

 

Presentación da película "VILAMOR"

O venres 23 de marzo preséntase no IES Monte Castelo a película "Vilamor" da productora Vía Lactea films.Esta actividade está organizada polo departamento de Artes e terá lugar na sala de usos múltiples de 13:10 a 14:00 horas.

A esta promo-presentación asistirán alumnos de 2º BAC e de 1º BAC de Artes. Na mesma participarán o director da película Ignacio Vilar (o mesmo de "Pradolongo") e tres actores protagonistas do filme (Rubén Riós, Xoel Yáñez e Sabela Arán) que falarán sobre a historia de Vilamor, como se fai unha película e sobre a situación do mundo cinematográfico e audiovisual en Galicia.

Máis información en : http://vilamor.eu/texto/vilamor-la-pelicula

Sinopse

 

Mentres a nave Enterprise comeza a súa andadura espacial, as Nais de Maio marchan por primeira vez en Bos Aires e Star Wars enche os cines de todo o mundo, nun marabilloso e recóndito lugar do noroeste español -recén rematada a ditadura de Franco- o tempo detense. E comeza un soño.

Breixo, un mozo altruísta cheo de boas intencións, atópase cos habitantes dunha comuna aparecida nas inmediacións da súa aldea, ao outro lado do río. Malia a súa cercanía ás forzas vivas da vila, Breixo déixase seducir polo ideal dun estilo de vida alternativo, e axúdalles aos mozos comuneiros a recuperar a aldea perdida de Vilamor. Sen propiedade privada, traballando na terra e en total comuñón coa natureza, o soño comeza a facerse realidade, a pesar dos constantes ataques das autoridades locais. O horizonte dun mundo novo debúxase nas montañas perdidas de Galicia.

Pero todo se complica cando Breixo se namora perdidamente de Sonia, unha das habitantes da comuna. O amor libre non está feito para el. Nin as drogas, nin o ateísmo absoluto... Con gran tristura, abandona Vilamor. Non todo o mundo está destinado a vivir este soño.

Trinta e tres anos despois, convertido nun escritor de éxito e cos ideais enferruxados nalgún recanto da memoria, Breixo regresa ao lugar onde viviu os mellores anos da súa vida.

O guión de Vilamor está inspirado nunha historia real, a das comunas que se crearon nos anos 70 en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo. Moitas desas persoas seguen alí vivindo e o seu testemuño foi moi valioso para escribir a nosa historia de amor, liberdade e conexión íntima coa natureza.

O director e os actores da película Vilamor co noso paraugas.

Obradoiro de esmaltes de Julia Ares

A artista Julia Ares impartiu o xoves 24 de febreiro un obradoiro de esmaltes sobre metal aos alumnos de bacharelato de artes.

 

Páxina web de JULIA ARES

Entroido de Burela

O IES Monte Castelo participa no Entroido de Burela. Os profesores e alumnos do bacharelato de Artes diseñaron, colaboraron na elaboración e pintura  dunha sardiña que será queimada o próximo mércores.

 

 

 

Vídeo da queima da sardiña o mércores 22 de febreiro

Premio do Concurso de carteis contra a Violenciade xénero 2011

Na 3ª edición do certame artístico convocado pola Asociación A Sombriza no que participaron 37 alumnos/grupos de todos os institutos da Mariña lucense, os catro carteis finalistas pertencen a alumnos de bacharelato de artes do IES Monte Castelo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O venres 9 de decembro Carla recibiu o premio(unha tablet PC) da Asociación A Sombriza

Ver nota de prensa

1º PREMIO

Carla Méndez García gañadora do concurso escolar de carteis para a sensibilización contra a violencia de xénero

 

          1º FINALISTA

        Ana Uría Moreda

         2º FINALISTA

         Laura Rodríguez Seijas

          3º FINALISTA

        Pedro Díaz Díez

   

O artista NEIRA BROCHS

O artista José Luis Neira Brochs dirixiu a 1ª sesión do obradoiro de vidrieras con material de reciclaxe "Luz e cor" o xoves 10 de novembro.

 

 

 

 



"Sen fronteiras:luz e cor" Arte-Educa

O sábado 4 de febreiro, ás 19 h., no Cenima de Foz, inaugurase a exposición colectiva máis grande que se coñeceu en toda a Mariña ate o de agora: PROXECTO DIDÁCTICO DE CREACIÓN ARTÍSTICA “SEN FRONTEIRAS: LUZ E COLOR”. ARTE-EDUCA. Desde o Concello de Foz en estreita colaboración co Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo de Burela plantexouse unha proposta didáctica de dinamización e de creación artística destinada a toda a comunidade educativa da Mariña, tomando o CENIMA como centro de operacións e como destino final do produto de todo este proceso creativo. O obxectivo é acercar a arte á sociedade do xeito máis puro posible, desde a ollada dos máis novos.É a Arte pola Arte, a Arte sen fronteiras e sen límites. A exposición permanecerá aberta ó público ata o 3 de marzo.

Clausura da exposición o 3 de marzo no Cenima de Foz

PEDRIÑO E O LOBO

Vídeo realizado polo Departamento de Artes en colaboración coa Escola Municipal de Música de Burela.

 

Pincha no CD para ver o vídeo.

X aniversario do Bacharelato de Artes

Estamos a preparar o X aniversario do noso Bacharelato.

A nosa intención é de reunir a todos os antigos/as alumnos/as por medio
dun documental no cal cada un de vos se presente e conte a súa
experiencia vital despois de "sofrir" o Bacharelato de Artes.

Tedes que ser orixinais e creativos/as xa que o límite de tempo é un minuto.

Toda a información será canalizada a través desta páxina.

Para calquera dúbida podedes contactar coa xefa de Departamento (María Martín) neste correo electrónico: alburkerke@edu.xunta.es

Rogámovos que se vades participar enviedes a dito correo o voso nome e promoción para iniciar o contacto e o traballo.

 

 

 

REUNIÓN O 6 DE SETEMBRO

 

Hola a todos. O próximo 6 de setembro queremos reunirnos con vos para empezar a concretar e organizar todas as actividades que podemos facer para celebras o 10º Aniversario da implantación do bacharelato artístico neste centro. A xuntanza será o luns 6 as 11:00h. ¡No faltedes!, ¡necesitamos tosdas as ideas posibles!.


Unha aperta dende o Departamento de Debuxo.

 

 
   
   

ARTE GALEGA

caxigueiro lomarti
    xoan guerreiro
Distribuir contido