CONVOCATORIA BECAS PARA CURSO 2024-2025 (Bacharelato, Ciclos Formativos, Universidade). Prazo do 19 de marzo ó 10 de maio de 2024
O prazo de presentación de solicitudes de beca, é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024, inclusive.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación: https://sede.educacion.gob.es ou www.educaciónyfp.gob.es
Poñer atención en finalizar envío ata obter resgardo de presentación.
Procedemento:
Primeiro hai que rexistrarte na Sede electónica do Ministerio de Educación:
- Si xa se está rexistrado previamente para calquera outro trámite, a conta segue sendo válida e non fai falta que rexistrarse de novo.
- Si nunca se rexistrou, hai que acceder en "Regístrese" e seguir os pasos para crear unha conta.
Para acceder á solicitude de beca, pódese facer de duas formas:
- Con Cl@ve (claves electrónicas das administracións públicas) ou certificado electrónico
- Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistrache na sede electrónica
Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.
Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral
Documento informativo becas 24-25: pinchar aquí
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOCUMENTO INFORMATIVO BECAS 24-25.pdf | 43.7 KB |