Concurso Microrrelatos

BASES CONCURSO MICRORRELATOS DE TERROR

1. Poderá presentarse ao concurso calquera membro da comunidade educativa do IES Monte Castelo, establecéndose tres categorías:

a) alumnado de 1º e 2º da ESO

b) alumnado de 3º e 4º da ESO

c) alumnado de 1º / 2º de Bacharelato

2. Cada participante poderá presentar tantos microrrelatos como estime oportuno.

3. Os microrrelatos deberanse presentar en folio (un por cada texto que participe no concurso). Os relatos breves que se escriban a ordenador deberán empregar as fontes Times new roman tamaño 12 ou Calibri tamaño 11. No seu caso, o alumnado que non dispoña de ordenador ou impresora poderá achegar os textos manuscritos, sempre que o xurado do concurso considere que a caligrafía dos mesmos é lexible.

4. Todos os microrrelatos deberán ter título.

5. Os microrrelatos non poden exceder as 150 palabras (título non incluído).

6. A temática ou xénero dos microrrelatos será o terror e o medo.

7. Os microrrelatos presentados a concurso deberán ser orixinais.

8. O/a autor/a indicará, na parte posterior do folio do microrrelato, o seu nome, apelidos e curso.

9. O xurado do concurso estará composto por profesorado responsable da biblioteca e dos departamentos de linguas do IES Monte Castelo.

10. Os microrrelatos presentados poderán ser publicados ou difundidos no blog da biblioteca do IES Monte Castelo ou naqueles medios que o xurado considere oportuno.

11. Os microrrelatos teñen que entregarse na biblioteca ou ao profesorado de linguas entre os días 19 e 30 de outubro, ambos incluídos, do ano 2020.

12. O fallo do xurado será na primeira semana de novembro, durante os recreos, momento no que se darán os premios aos participantes, e no que se procederá á lectura dos microrrelatos gañadores.

13. O/a autor/a gañador/a de cadansúa categoría recibirá un terrorífico agasallo.