App Moodle Mobile e Moodle Classic
Que é Moodle Mobile e Moodle Classic?
Moodle Mobile é a app oficial móbil de Moodle para Android, iOS, e Windows Phone. Está dispoñible na tenda de apps de Android (Google Play), na tenda de apps de Apple (App Store) e nas tendas de apps de Windows.
Na actualidade (2019) existen dúas aplicacións de Moodle para dispositivos móbiles:
- Moodle Mobile (para Moodle 3.1 ou superior) Non funciona ca aula virtual do IES Monte Castelo
- Moodle Classic (para Moodle 2.4 ata 3.0). App para a aula virtual do IES Monte Castelo
No proxecto Webs Dinámicas dispoñemos actualmente da versión 2.6 de Moodle así que debemos utilizar a app Moodle Classic, non podemos utilizar a aplicación Moodle Mobile que atopamos nos repositorios de Android (play Store) e iOs (Apple Store) senón que temos que descargar a app Moodle Classic.
Como instalar Moodle Classic?
Para instalar e usar a app "Moodle Classic" realiza os seguintes pasos:
● PASO 1 Descarga a app "Moodle Classic" no teu dispositivo móbil (smartphone e/ou tablet)
Como a app non se atopa nos repositorios dos smartphones a única posibilidade é descargalo dende o seguinte nlace de descarga para android:
https://apkpure.com/es/moodle-classic/com.moodle.classic
Unha vez descargada temos que acceder a seguridade do smartphone e permitir a instalación de aplicacións de orixe descoñecido (despois se queres volves a non permitir).
● PASO 2 Cando inicies a app por primeira vez no teu móbil (ou tablet), introduce os seguintes datos:
- Dirección del sitio: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecastelo/aulavirtual
- Nombre de usuario: o mesmo usuario que usas para entrar na Aula virtual do teu centro
- Contraseña: o mesmo contrasinal que usas para entrar na Aula virtual do teu centro
Que podo facer con Moodle Classic?
A app Moodle Classic permite aos usuarios (profesores e alumnos) conectarse aos cursos creados na "Aula Virtual" do seu centro educativo, co seu teléfono móbil ou tablet e usando o mesmo "nome de usuario" e "contrasinal" que usa cada un normalmente para entrar na propia Aula Virtual.
Esta app permite traballar cos contidos e actividades do curso en modo desconectado (off line), sincronizando o traballo coa Aula Virtual cando existe unha conexión viable.
Moodle Classic ofrece, entre outras, as seguintes funcionalidades:
Xestionar ficheiros
- Subir un ficheiro á área de ficheiros privados
- Grabar un audio ou vídeo e subilo directamente á área de ficheiros privados
- Ver e descargar os teus ficheiros privados
- Ver e descargar os ficheiros do curso
Traballar no curso
- Acceso rápido aos contidos do curso
- Descargar e ver algúns dos recursos do curso
- Ver os módulos "Libro" e "Paquetes de contido IMS"
- Participar nas actividades (escolla, consulta, ...)
- Participar nos chats do curso
- Ver os foros e os debates
- Ver as cualificacións de actividade e as cualificacións totais do curso
Interactuar cos demáis usuarios
- Mensaxería privada entre usuarios
- Enviar unha mensaxe privada a un participante do curso
- Ver todas as túas notificacións e mensaxes privados recibidos
- Engadir a un participante do curso á túa axenda de contactos do teléfono
- Chamar a un participante do curso ao pulsar no número de teléfono
- Localizar a un participante do curso en Google Maps
Recibir información
- Ver eventos do calendario
- Notificacións recordatorias para eventos de calendario
- Recibir notificacións "Mobile Push"
- Integración no calendario con recordatorios e advertencias
- Ver as notas do sitio, do curso e as persoais