Premios "desafío STEM: impresión 3D"
O IES Monte Castelo acaba de recibir un premio de innovación educativa polo proxecto realizado co alumnado de 1º Bacharelato na materia de tecnoloxía industrial I.
O proxecto premiado é "PEZAS DE XADREZ", estas pezas foron deseñadas polo alumnado de 1º BAC do curso pasado (2018/2019) coa profesora de Tecnoloxía industrial I, Loli Rivero. Posteriormente foron dixitalizados e impresos na impresora 3D do centro.
Agradecemos tamén a colaboración do profesor de debuxo técnico I, Antonio Porto.
Con este proxecto optouse a categoría de STEM afondamento: desafío impresión 3D.