Admisión Ciclos formativos. 1ª adxudicación ordinaria
Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019.
Réxime ordinario
O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:
- Modelo de documento en formato PDF
- Listaxes de persoas con praza adxudicada
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior
- Listaxes de espera
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior
(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)
Réxime para as persoas adultas
O prazo de matrícula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do martes 16 de xullo ata as 13:00 horas do martes 23 de xullo de 2019. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
Para realizar presencialmente a matrícula en módulos adxudicados do réxime para as persoas adultas empregarase o seguinte modelo:
- Modelo de documento en formato PDF
Para as persoas con praza adxudicada no réxime para as persoas adultas, tanto na modalidade a distancia como na modalidade presencial, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que se teña praza adxudicada e non se desexe matricular.
Modalidade presencial
- Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
- Listaxe nos módulos de grao medio